# Hashtag

Así se prepara o Negreira para recibir un Primeira División

A SD Negreira, de Preferente Norte, conta os días para vivir un partido histórico. O García Calvo lucirá as súas mellores galas para recibir á Real Sociedad, de Primeira División, na Copa do Rei. Será un día importante para o equipo e os seus 400 socios, pero tamén para toda a vila, polo que as semanas previas á gran cita estanse vivindo con emoción, pero, sobre todo, con moito traballo.

En primeiro lugar, para xestionar a venda de entradas para o encontro, pois ninguén quere perder a oportunidade de ver a un Primeira División en Negreira. Entra os máis de 400 asentos de Tribuna e bancadas supletorias, a previsión era acoller uns 2.800 espectadores, segundo sinalou en Radio Negreira o presidente do club, Julián Ferreiro.

Con todo, ante a elevada demanda, a SD Negreira anunciou que supendía temporalmente a venda co obxectivo de realizar reformas para ampliar a capacidade das instalacións. O partido xogarase o martes día 28, ás 21:00 horas.



Un reto para un equipo de Preferente

Recibir á Real Sociedad é todo un reto para o Negreira, que tamén marcha ben na liga. Ocupa a terceira posición no grupo norte da Preferente Futgal. Levan cinco vitorias e unha derrota neste inicio de liga. En pararelo, non quitan da cabeza o partido de Copa do Rei.

«Todo o mundo está ilusionado con ese día, pois non estamos afeitos a un partido como este. Estamos todo o día traballando, porque queremos que sexa unha festa para os nosos socios e afeccionados, que o merecen«, indicou o presidente.

FOTO: SD NEGREIRA



Así se prepara o Negreira para recibir un Primeira División

Atlético San Pedro e Lóstrego ‘B’ líderes

Así se prepara o Negreira para recibir un Primeira División

Álvaro Romero, Unión de Asados: «Neste club