A Sarriana de Iván Carril está collendo ritmo na Segunda RFEF e conseguiu impoñerse nunha ateigada A Ribela ao Numancia (4-2), un dos equipos chamados a mirar cara arriba. É a súa terceira vitoria na categoría, a segunda de xeito consecutivo.
Para iso, tivo que remontar ata en dúas ocasións. O Numancia entrou ao partido insistindo nos centros laterais ás costas da defensa local. Nunha xogada deste tipo, chegou o primeiro tanto de Dani García.
Ivaldine Ju igualaría para a Sarriana no 43′. Xa na segunda metade, Jonathan González adiantou de novo ao Numancia; pouco despois, un autogol de Moustapha Gning puxo o 2-2 no 65 e tan só tres minutos despois Maycon Douglas marcou o 3-2 para os locais. Finalmente, o dianteiro Arona pechou o encontro co 4-2 definitivo xa no tempo de desconto.
Na segunda metade, Boedo foi o mellor do partido grazas ás súas asistencias.
Os outros equipos galegos
O Deportivo Fabril segue imparable, contando por vitorias todos os seus partidos. A última, diante do Atlético Astorga (0-4). Pola contra, a UD Ourense logrou un meritorio empate contra o Real Ávila, pero segue sen gañar esta temporada.
