# Hashtag

Vota polo teu Top 3 da Terceira RFEF de setembro

Dende FutbolinGalicia poñemos en marcha unha iniciativa co obxectivo de recoñecer ás xogadoras máis destacadas da Terceira RFEF. Trátase do Top 3 das mellores futbolistas do mes, unha votación aberta na que a afección poderá decidir quen foron as protagonistas de setembro.

A dinámica é sinxela: cada persoa pode escoller ata tres xogadoras, aquelas que considere que merecen estar neste primeiro recoñecemento da tempada. A lista de candidatas elaborouse a partir das achegas recibidas a través das redes sociais e tamén grazas ao contacto directo cos clubs participantes na competición.

Con este proxecto búscase dar visibilidade ao traballo das futbolistas e involucrar á comunidade que segue semana a semana a competición, permitindo que sexa a propia afección quen premie o esforzo, a regularidade e o talento sobre o campo.



Escolle ás túas xogadoras favoritas de setembro

O prazo xa está aberto e só tes que acceder ao formulario dispoñible para emitir o teu voto. As gañadoras anunciaranse o domingo, configurando o primeiro Top 3 FutbolinGalicia da Terceira RFEF.

Vota polo teu Top 3 da Terceira RFEF de setembro

Os Vintage: Evaristo Lareo Arias

Vota polo teu Top 3 da Terceira RFEF de setembro

As redes fantasían cun encontro de Copa

2 Comentarios

  1. Antonio
    02nd Oct 2025

    Sin duda alguna, una de las jugadoras más completas, contundentes y responsables de la liga!!!

  2. Miguel Prafo
    03rd Oct 2025

    Alicia es una jugadora muy top

Los comentarios están deshabilitados.