# Hashtag

Chuvia de goles no inicio da Primeira Galega Arzúa-Ulloa DOP

A nova tempada da Primeira División Galega Arzúa-Ulloa DOP xa está en marcha, e a primeira xornada deixou goles, moitos goles, case un total de 40 tantos. Os equipos estrearon a competición con moita intensidade, demostrando que será unha liga moi interesante.

Vitorias a domicilio para Pastoriza e Victoria CF “B”

No duelo inaugural, o S.C.D. Pastoriza levou os tres puntos no campo do UD Carral cun 1-3 que amosa a súa pegada ofensiva. O Pastoriza soubo xestionar ben os tempos do encontro, con orde atrás e efectividade nas chegadas. A UD Carral, pola súa parte, acusou a falta de contundencia defensiva e deberá mellorar nas próximas datas se quere facerse forte como local.

Tamén a domicilio venceu o Victoria C.F. “B”, que superou ao Xallas F.C. (1-2), confirmando o seu bo inicio de campaña e demostrando que quere ser un dos equipos fortes da categoría. O Xallas deixou boas sensacións tendo preto o empate, pero faltoulle acerto nos metros finais. Só foron capaces de superar a portería defendida por Xiana Pardo cun gol de penalti anotado por Olalla Antelo.



Distintos debuts para as ourensás

O debut dos conxuntos ourensáns na liga deixou dúas caras ben distintas. A E.F.F. Rosalía fixo gozar á súa afección en Oira cun partido moi completo ante o filial do Villalonga. Malia comezar por detrás no marcador, o equipo reaccionou con rapidez e non só lle deu a volta ao encontro, senón que dominou con autoridade ata o final.

Pola contra, o C.D. Arenteiro tivo unha posta en escena moito máis complicada no campo do Calo. Un gol madrugador das locais puxo costa arriba o partido e obrigou ás carballiñesas a remar contra corrente durante todo o choque. Malia o esforzo, a falta de acerto nas chegadas e unha expulsión no tramo final deixaron sen premio ao equipo verde.

Empate con emoción en Cambre

Reparto de puntos entre o Cambre e o Antas. RRSS SD Antas

Un dos partidos máis vibrantes foi o do Sporting Cambre contra o S.D. Antas, que rematou cun 2-2. Ambos conxuntos, reforzados este verán, apostaron polo ataque e deixaron un encontro cheo de alternativas e ocasións para un lado e para o outro.



O empate parece xusto polo visto no campo, e amosa que tanto Cambre como Antas teñen argumentos para competir na máxima categoría galega.

Atlético San Pedro, Lóstrego “B” e Victoria FC «B» protagonizan as goleadas

O Atlético San Pedro protagonizou un dos resultados máis chamativos ao derrotar por 2-7 ao Orzán S.D. “B”. O conxunto visitante foi moi superior, dominando en todas as facetas do xogo ao equipo filial do Orzán.

Tamén o Lóstrego C.F. “B” deixou a súa pegada con rotundidade, vencendo por 6-0 ao Sárdoma C.F. “B”. Un encontro no que o Lóstrego non deu opcións ao rival e mostrou un ataque demoledor ante un filial do Sárdoma con moita xuventude.



Outro dos equipos destacados da xornada foi o Victoria F.C. “B”, que se impuxo con claridade por 1-6 ao Sporting Burgo. O conxunto visitante fixo valer a súa intensidade e contundencia ante un Sporting que sufriu moito defensivamente.

Chuvia de goles no inicio da Primeira Galega Arzúa-Ulloa DOP

Madriles (SCD Milagrosa): «A Federación foi acomodando

Chuvia de goles no inicio da Primeira Galega Arzúa-Ulloa DOP

Os pichichis do fútbol galego no inicio