# Hashtag

Os Vintage: Alex Grueiro Prieto

Alex Grueiro Prieto pasou pola base de clubs históricos como o Racing de Ferrol e o Deportivo. En categoría sénior formou parte de Endesa As Pontes, O Val, Galicia Mugardos ou Cultural Maniños. A continuación as verbas dun xogador que abriu o camiño para as novas xeracións.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Cal foi o teu primeiro contacto cun balón?

Alex Grueiro Prieto (en adiante AGP): «Como todo rapaz hai case 40 anos, comecei xogando no colexio ao fútbol sala. Daquela o fútbol campo empezaba máis ou menos en categoría alevín de último ano ou en infantil. Máis tarde funme a un club, o Portuarios. Aí foi a miña primeira experiencia co que entendemos como fútbol. O meu primeiro partido recordo que foi no Club de Campo aquí en Ferrol.»



FIG: De que equipos formaches parte coma xogador en etapa sénior?

AGP: «Cando saín do Racing de Ferrol en etapa xuvenil, xoguei no Galicia Caranza, que tiña un convenio daquelas co Racing. Do Galicia Caranza pasei ao Endesa As Pontes, onde estiven un par de anos. Por circunstancias familiares tiven que regresar a Ferrol, concretamente de novo ao Galicia Caranza. Cando esas circunstancias foron subsanadas, volvín ao Endesa As Pontes, estando alí, entre ambas etapas, cinco anos. Regresei de novo para Ferrol, firmando no Val. Aí ascendemos a Preferente e marchei despois para o Galicia de Mugardos, onde logramos manter, non con pouco sufrimento, a categoría.»

«Por motivos laborais tiven que deixar aparcado o fútbol. Despois duns anos faloume un amigo, que collía o Cultural Maniños. Fun compaxinando o traballo e volvín a xogar. Despois dun par de anos dixen basta de novo e deixeino. Ao final regresei de novo, xogando un mes no Narón e voltando ao Maniños, tras cambios no ámbito laboral.»



FIG: Cres que as nosas competicións tiñan máis nivel hai 15-20 anos?

AGP: «Máis nivel diría que non, pero máis talento si que había antes. Ao ritmo ao que se xoga agora é brutal. A preparación física de hoxe en día é moi alta, con adestradores personais e coidados na alimentación. Antes tamén traballabamos máis mozos e agora estudian máis ou teñen mellores traballos. O ritmo de agora é outra historia! Hoxe en día os chavales fan pre-entreno e post-entreno e non teñen un gramo de grasa.»

FIG: Continúas vencellado ao fútbol?



AGP: «O ano pasado fichei no Racing de Ferrol de veteráns. Non adestramos mais de vez en cando xogamos algún partido. A min gústame competir e como teño boa relación coa xente do Cultural Maniños, sigo adestrando con eles.»

FIG: Falando do Maniños. Ascendeu a tempada pasada a Preferente. Como ves ao equipo?

AGP: «Vexo ben ao equipo. Son un grupo de chavales que se levan ben e que está crecendo. Agás un par deles, nunca competiron máis alá de Primeira Futgal. Teñen que facerse á categoría. No primeiro partido perderon ante o Órdones e xa lles dixen que os erros nesta categoría condean moito. En canto pillen o ritmo da Preferente, sei que competirán seguro. Moitos delen teñen calidade. Teñen que saber que os erros nesta categoría penalizan moito.»

Cortiña e ao pé con Alex Grueiro Prieto

Campo favorito: «O Poboado, en As Pontes.»

Adestrador que te marcase: «Tito Ramallo cando eu era mozo. En maiores diría que Germán.»



Momento inesquecible da túa carreira: «A final da Copa Deputación que xogamos co Endesa As Pontes ante o Racing de Ferrol, que daquela estaba en Segunda División. O partido foi na Malata e gañaronnos no minuto 92.»

Xogador con máis habilidade co que xogaches: «Da etapa de xuvenil co Deportivo lémbrome de Xoel. Era un chaval das Pontes que me recordaba a Burrito Ortega, un arxentino do Valencia. Tiñan unha calidade fóra do normal.»

Os Vintage: Alex Grueiro Prieto

Vota polo teu favorito entre os Diferenciais

Os Vintage: Alex Grueiro Prieto

Rectificación: os grupos da Terceira Feminina volven

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *