# Hashtag

João Teixeira debuta co Barbadás tras a súa aventura internacional

João da Silva Teixeira debutou este domingo no empate 0-0 entre o seu equipo, o Barbadás, e o Racing Villalbés. Perdera a primeira xornada por un motivo pouco habitual na Terceira RFEF, unha convocatoria internacional, pois o xogador luso compite coa selección de Andorra, ao ter tamén esa nacionalidade.

A convocatoria do combinado andorrano levou a Teixeira a medirse ante Inglaterra e Estonia. Ante os ingleses non tivo minutos, pero a experiencia foi maiúscula: un partido ante estrelas mundiais como Kane ou Rice e no campo de Villa Park, en Birmingham. Era un encontro de clasificación para a Eurocopa.

«Sentinme un afortunado porque ao final moitos futbolistas teñen ese soño de poder xogar contra os mellores. Somos uns afortunados por poder vivir estas experiencias que non todo o mundo pode facer«, di Teixeira.



O futbolista do Barbadás si participou no partido de Andorra ante Estonia, da Nations League. Teixeira entrou ao campo no minuto 75 no encontro xogado en Tallin.

Teixeira, fixo con Andorra

«Cando me chamaron estaba coa miña muller na casa e a verdade é que quedei moi contento. Desde que fun a primeira vez coa selección, fun a todas as convocatorias, pero ao fichar por outro club non sabes se vas ir. Foi un momento de orgullo, é un privilexio«, explicou o futbolista nun vídeo difundido polo Barbadás.

«Traballamos máis que nada nas situacións de xogo que van pasar no partido. Visto que non temos moito tempo para traballalo todo como nun club normal, enfocámonos en defender ben e transicións, estar ordenados, correr moito e axudarnos entre nós as axudas«, engade. Di que na selección de Andorra son unha familia.



João Teixeira debuta co Barbadás tras a súa aventura internacional

Adri Campos, Tomiño FC: «Defender o escudo

João Teixeira debuta co Barbadás tras a súa aventura internacional

Os equipos galegos collen forma grazas aos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *