# Hashtag
tiivii televisión deporte galego cinfo

Onde ver en directo os partidos da Preferente Futgal?

A Preferente de fútbol comeza esta fin de semana e en tiivii.gal está dispoñible unha ampla programación de partidos para que ninguén perda detalle. E semana a semana haberá máis, porque seguen instalando cámaras en novos campos.

Nalgúns casos non se pode emitir a primeira xornada porque está pendente da conectividade (caso do campo da Cultural Maniños ou do Burela, por exemplo) pero nas vindeiras xornadas estarán dispoñibles.

Da Preferente Norte poderanse ver os seguintes partidos este domingo: Victoria – Pol, Miño – Paiosaco, Negreira – Lalín, Puebla – Cidade de Ribeira e Dumbría – Dubra.



No caso do grupo sur, estes: Porriño Industrial – Atlético Arnoia, Portonovo – Beluso, Cultural Areas – Cented, Atios – Villalonga e Lemos – Choco. O sábado púidose ver o encontro entre o O Val e o San Tirso.

Sobre tiivii.gal

O ano pasado lanzouse a televisión do deporte galego, tiivii.gal, gracias á colaboración entre a Real Federación Galega de Fútbol e Cinfo.

Este proxecto naceu co obxectivo de achegar o deporte galego a todos os fogares, ofrecendo a posibilidade de gozar dos partidos en calquera lugar.



As categorías afectadas polo acordo de colaboración son a Preferente Futgal, a 1ª División Feminina Arzúa-Ulloa e a Preferente de fútbol sala.

Volven as competicións

Despois dun verán de preparación, fichaxes e moita ilusión, a espera rematou: comeza unha nova tempada no fútbol galego.

Os campos volven encherse de paixón e xogadas que farán vibrar a afección nunha primeira xornada cun interesante menú. Dende a Terceira RFEF á Segunda Futgal, pasando pola Preferente e a Primeira, centos de equipos están listos para competir e deixar o listón ben alto.



A emoción estará tamén unha temporada máis nos campos da Preferente, na que participan 36 equipos en dous grupos.

Onde ver en directo os partidos da Preferente Futgal?

Rematou a espera: volve o fútbol galego

Onde ver en directo os partidos da Preferente Futgal?

FutbolinGalicia comeza a temporada con novidades

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *