# Hashtag

Rematou a espera: volve o fútbol galego cun menú moi interesante

Despois dun verán de preparación, fichaxes e moita ilusión, a espera rematou: comeza unha nova tempada no fútbol galego. Os campos volven encherse de paixón e xogadas que farán vibrar a afección nunha primeira xornada cun interesante menú. Dende a Terceira RFEF á Segunda Futgal, pasando pola Preferente e a Primeira, centos de equipos están listos para competir e deixar o listón ben alto.

Terceira RFEF

Ás sete da tarde deste sábado volve o bo na Terceira. O balón comezará a rodar en Arteixo e na Estrada, cos seguintes encontros: Atlético Arteixo – Gran Peña e Estradense – Boiro.



Será o punto de partida dunha competición que se espera moi igualada, se ben dous equipos, o Arosa e, sobre todo, a SD Compostela, parten como grandes favoritos. Precisamente, o equipo de capital de Galicia comeza a liga o domingo ás 18:00 horas no Vero Boquete, ante un Barco que regresa á categoría dúas temporadas despois.

Completan o grupo, ademais dos citados, Alondras, Barbadás, Céltiga, Juventud Cambados, Noia, Polvorín, Racing Villalbés, Silva, Somozas, Montañeros e Viveiro.

Preferente Futgal



A emoción estará tamén unha temporada máis nos campos da Preferente, na que participan 36 equipos en dous grupos. No norte, a competición vaise inaugurar na Sinde, co partido este sábado entre O Val de Narón e o San Tirso. Para o domingo quedan citas interesantes, como o Negreira – Lalín, o Betanzos – Sofán ou o Puebla – Ribeira. A tempada preséntase emocionante.

Na Preferente Sur haberá que agardar ata o domingo. Ao mediodía, o balón rodará no campo 2 da Senra, en Ribadumia, onde está fixado o encontro entre o Umia e o Celanova. A liga comeza forte, con duelos como o Atios – Villalonga, Portonovo – Beluso ou Lemos – Choco.

O menú da Primeira Futgal

Tamén está todo preparado para que comece a liga nunha das nosas categorías favoritas, a Primeira Futgal. Competirán un total de 108 equipos repartidos en seis grupos de 18 equipos cada un. A liga regular desenvolverase ata o 17 de maio. O primeiro de cada grupo ascende directo, mentres que os segundos e terceiros xogan o play off de ascenso, que se celebrará entre o 31 de maio e o 21 de xuño. Pola parte baixa da táboa, os tres últimos equipos de cada grupo descenden.



A Primeira Futgal sempre agocha sorpresas e os clásicos equipos ‘tapados’ que acaban asinando grandes papeis. Nesta primeira xornada hai partidos interesantes, como o Ribadeo – Xove (G3) ou o derbi de Boiro Valiño Cabo de Cruz – Abanqueiro (G5). Tamén será interesante comprobar como arrancan proxectos ambiciosos como o do Marín. Ou ver como lle vai ao Rápido de Bouzas tras dous descensos consecutivos.

Máis fútbol

Esta fin de semana tamén comeza a Segunda RFEF. Hai cinco representantes galegos: Sarriana, Fabril, Bergan, UD Ourense e Coruxo. A Sarriana abre a liga este mesmo sábado ante o Real Oviedo Vetusta, nun partido que poderás seguir en directo aquí. Tamén será interesante o debut da UD Ourense de Borja Fernández, que se mide ao Real Valladolid Promesas nun encontro especial para o técnico, que adestrou ao filial valisoletano.

Na Segunda Futgal, esta fin de semana volve a competición para os dous grupos de 18 equipos (o da Coruña e o de Ourense). O 14 de setembro arrancan os demais, que están conformados por 16 equipos. En total, son 164 clubs en busca dos seus respectivos obxectivos. A liga regular rematará o 17 de maio e o play-off xogarase entre o 31 de maio e o 21 de xuño.

Foto: Arosa SC / RRSS



Rematou a espera: volve o fútbol galego cun menú moi interesante

Toni (Celta Barreiros): «Teño unha obsesión con

Rematou a espera: volve o fútbol galego cun menú moi interesante

Onde ver en directo os partidos da