# Hashtag

Toni (Celta Barreiros): «Teño unha obsesión con gañar a Copa Deputación xa que perdín tres finais case consecutivas xogando para o Xermade»

Antonio Prieto Carballeira, máis coñecido no noso mundillo como Toni, é unha voz autorizada do noso fútbol tras dúas décadas como sénior. Moitas vivenzas e anécdotas que contar, épocas que comparar e recordos que se gardan con especial agarimo. A continuación as súas verbas:

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Moitos anos no fútbol rexional lucense seguro que dan para múltiples anécdotas. Cóntasnos algunha?

Antonio Prieto Carballeira (en adiante APC): «Hai moitas tanto dentro como fóra do campo. Unha que se me vén á cabeza aconteceu ao pouco de fichar polo Guitiriz. Aínda non coñecía ben aos compañeiros e nun amistoso co Friol B, no que gañabamos e ía todo ben, subín a un saque de esquina e á volta do mesmo cruceime con Novo, que me dixo: ‘oíche, pide o cambio que dá pena verte no campo'».



«Eu quedeime sen saber se mo decía en serio ou de broma! Despois coñecino ben e levamonos xenial. Aínda a día de hoxe xogar con Novo márcate para sempre!»

FIG: Imos desgranando a túa carreira. Cando foi o teu primeiro contacto cun balón?

APC: «Comecei no cadete do CD As Pontes eses foron os meus primeiros pasos no futbol e ali estiven hasta pasar a sénior.»



FIG: En que equipos xogaches como sénior?

APC: «Xoguei catorce tempadas no Xermade, cinco no Guitiriz e unha no Celta Barreiros. Vou vello!»

FIG: Onde xoga agora Toni?



APC: «Este ano tiña decidido retirarme, mais ao Celta Barreiros fóiselle moita xente e a directiva, a cal téñolle un gran agarimo, pediume seguir un ano máis e non puiden dicir que non.»

FIG: Cales son os obxectivos do Celta Barreiros este ano?

APC: «Temos un bloque con moita xuventude e con varias fichaxe. O novo adestrador ten unha proposta moi atractiva. Non lle gustará que o diga pero eu creo que imos estar entre os tres primeiros.»

FIG: E os teus a nivel individual?

APC: «A nivel individual ogallá consiga xogar todo o ano con cero molestias físicas. Teño unha obsesión con gañar a Copa Deputación xa que perdín tres finais case consecutivas xogando para o Xermade.»



FIG: Tras tantos anos es unha voz máis que autorizada. Cres que as nosas categorías van perdendo o nivel co paso das tempadas?

APC: «Antes eramos máis comprometidos a nivel de adestramentos. Tamén creo que non debería permitirse que con 30 anos poidase xogar en veteráns xa que se perxudica ás categorías rexionais, que perden xogadores que están en condicións de sobra para xogar a bo nivel.»

«Falando de Segunda Futgal, que é o que máis coñezo trala miña traxectoria, o nivel é sen dúbida inferior o de hai 10-15 anos.»

FIG: Imos tirar un pouco de nostalxia. Ti mais eu coincidimos, xunto co gran Marcos Pereiro, dous anos no Guitiriz. O primeiro deles rematou en ascenso a Primeira Rexional. Había equipo, non si?

APC: «Que momentos vivimos! Había equipo e fomos unha ‘piña’ tanto xogadores coma staff técnico e afección. Tiñamos moi claro o que nos pediades os adestradores. A veteranía do equipo era tanta que en momentos difíciles soubemos que aínda estaba para nós. Foi un ano inolvidable.»

FIG: Que recordos gardas dese ascenso? E desa tempada en Primeira na que case logramos a salvación cando ninguén daba un duro por nós?

APC: «Do ascenso quédome sen dúbida co día que eliminamos ao Iberia. Ese dia iamos con moito respecto ante un gran equipo e saímos do partido completamente convencidos de que o ascenso era noso.»

«Do descenso quedoume a tristeza de saber que puidemos facer máis. Porén foi unha tempada na que tamén gozamos moito. Celebrabamos cada gol como si fose o da final dunha Copa do Mundo. Recordo que ti saltache ao campo celebrar varias veces! Demos guerra a equipazos feitos a base de talonario. Foi un descenso con orgullo!»

FIG: Eu coñézote ben. Ti es un xogador dos de antes: intenso, non amigo das tonterías nin das modas de hoxe en día. Eu vexo en ti madeira de adestrador. Nunca o pensaches?

APC: «Adestrei a nenos benxamíns no CD As Pontes. Nun futuro gustariame adestrar nun club de base xa que me encanta ver como os nenos evolucionan. A nivel sénior gustariame estar nun staff, mais ser o primeiro adestrador dun equipo non. A día de hoxe non me vexo nese rol, mais o tempo dirá.»

«Teño a Rubén no Lourenzá e a Moro no Iberia, dous grandes amigos cos que falo moito tódalas semanas e dos que vou aprendendo por se algún día decido adestrar.»

FIG: Mirando un pouco toda a xeografía da comunidade. Ti es dos que pensa que as reestructuracións que fai a federación tenden a ser perxudiciais para a provincia de Lugo?

APC: «Quero pensar que a federación fai todo pensando no ben do fútbol e dos clubs. Con respecto á Segunda Futgal de Lugo, que é donde estou agora, creo que quitar o play-off de catro equipos quitoulle un atractivo moi grande á competición. Mais repito: quero pensar que a federación fai as cousas polo ben do fútbol e dos clubs!»

Toni (Celta Barreiros): «Teño unha obsesión con gañar a Copa Deputación xa que perdín tres finais case consecutivas xogando para o Xermade»

Novidades na Segunda Galicia Feminina de cara

Toni (Celta Barreiros): «Teño unha obsesión con gañar a Copa Deputación xa que perdín tres finais case consecutivas xogando para o Xermade»

Rematou a espera: volve o fútbol galego

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *