A tempada 2025/26 na Segunda Galicia Feminina comeza con novidades de última hora que veñen a alterar a composición dos dous grupos. A finais de agosto amosáronse os cadros provisionais, e coas últimas renuncias e reaxustes abriron a porta a novos ascensos inesperados.
O Bergantiños B foi o premiado no Grupo Norte
O Friol B anunciou a súa renuncia a participar na categoría de prata galega, o que abriu unha vacante no Grupo 1. Esa praza, que debería ter sido ocupada polo Corcubión, será finalmente para o Bergantiños B, que ascende e competirá contra equipos de moito peso no fútbol feminino da zona norte: Orillamar, Unión Campestre, Victoria CF C, Eirís, Cultural Maniños, Corme, Brexo Lema, Tordoia, Muxía, Dumbría, Nicrariense, Unión Club Cee, Esteirana e San Lázaro.
Este movemento permite ao filial carballés dar un salto de categoría e reforzar a súa aposta polo fútbol feminino, aproveitando o bo traballo da súa base.

A Unión Guardesa a nova cara do Grupo 2
No Grupo 2 a gran novidade é a Unión Guardesa, que se beneficia dos reaxustes de prazas e competirá nun cadro cargado de rivalidade e tradición: Victoria FC C, Santiso, Touro, CF Noia, Arousana, Silleda, Cambados, Céltiga, Salcedo, Ponte Caldelas, Mos, Valladares, San Mateo, Porriño e Cañiza.
Trátase dunha gran noticia para o conxunto da Guarda, que volve situarse nun escenario competitivo de maior nivel e que afrontará unha tempada chea de retos para conseguir consolidarse en Segunda.








































































































































































































































































































































































































































































































































































