# Hashtag

Estes son os posibles rivais da SD Negreira na rolda previa da Copa do Rei

A SD Negreira, campioa da Supercopa de Galicia, representará ao fútbol galego na rolda previa da Copa do Rei 2025/26, unha eliminatoria que este ano se xogará como novidade a dobre partido, os días domingo 28 de setembro (ida) e domingo 5 de outubro (volta). O conxunto dirixido por Adrián Vázquez xa coñece o abanico de posibles adversarios que lle pode tocar no sorteo.

O rival do Negreira sairá dun listado de cinco equipos: Betis CF Valladolid (Castela e León), SD Textil Escudo (Cantabria), CD Getxo (País Vasco), CCD Alberite (A Rioxa) e un dos catro semifinalistas da Copa Asturfútbol, que se decidirá a primeira fin de semana de setembro en San Sebastián. Nesa fase loitarán polo billete o Andés CF, Puerto Vega CF, TSK Roces e Astur CF.

Ademais destes nomes, a rolda previa da Copa contará cos campións e finalistas doutras competicións autonómicas e territoriais. Entre eles estarán: Atlètic Sant Just (Cataluña), Atlético Calatayud (Aragón), Atlético Melilla (Melilla), Atlético Palma del Río e UD Maracena (Andalucía), CD Yuncos (Castela-A Mancha), CD Lourdes (Navarra), CF Campanario (Estremadura), CF Inter Valdemoro (Madrid), Manises CF (Valencia), Sporting de Ceuta (Ceuta), UD Los Garres (Murcia), Universitario FC (Canarias) e o campión da Copa Illes Balears.



No caso galego, a praza corresponde ao gañador da Supercopa Galicia, torneo no que participaron SD Chantada, Cultural Areas, Velle e o propio Negreira, que acabou proclamándose campión e acadando o billete para esta eliminatoria.

A celebración desta rolda previa obrigará a un axuste no calendario ligueiro da tempada 2025/26 para a SD Negreira. As dúas xornadas de liga coincidentes co 28 de setembro e 5 de outubro quedarán liberadas e eses partidos recuperaranse entre semana, en mércores, fronte a rivais xeograficamente próximos (Cidade de Ribeira e Sigüeiro), co obxectivo de reducir desprazamentos e facilitar a organización.



Estes son os posibles rivais da SD Negreira na rolda previa da Copa do Rei

As Laxes, campo do Beluso, o máis

Estes son os posibles rivais da SD Negreira na rolda previa da Copa do Rei

Novidades na Segunda Galicia Feminina de cara