# Hashtag

As Laxes, campo do Beluso, o máis votado na enquista da Preferente Sur

A uns días para que rode o balón, en FutbolinGalicia seguimos buscando os vosos campos favoritos do fútbol galego. Desta volta, na Preferente Sur o escollido foi As Laxes, a casa do Beluso. Recibiu o maior número de votos, cun 26,8% do total.

Na enquisa con máis participación das publicadas por FutbolinGalicia nas últimas semanas, San Pedro, campo do Villalonga, e Baltar, do Portonovo, completaron o ‘top 3’. Conseguiron o 15,1 e o 12,8% dos votos, respectivamente.

A continuación aparece o único campo en terras lucenses da Preferente Sur, A Pinguela, estadio do Lemos. Seguen a listaxe o Iago Aspas Juncal de Moaña e o Álvarez Durán 1, do Tyde.



As Laxes, O Conco e Vero Boquete

Na Preferente Norte o escollido foi O Conco, a casa do Dumbría. Recibiu o maior número de votos, cun 29,4% do total. O campo do Conco, de herba artificial, forma parte dun complexo municipal deportivo que inclúe outras instalacións.

Os datos das enquisas de Google reflicten que, con moito, o Estadio Vero Boquete de San Lázaro é o gañador da votación da Terceira RFEF, co 30% dos votos. A SD Compostela de Secho, que parte como gran favorito do grupo, agarda converter a súa casa en todo un fortín e evitar que escapen puntos.



As Laxes, campo do Beluso, o máis votado na enquista da Preferente Sur

Así chegan os equipos da Terceira RFEF

As Laxes, campo do Beluso, o máis votado na enquista da Preferente Sur

Estes son os posibles rivais da SD