# Hashtag
Lemos-Rácing Villalbés, último partido de pretemporada. RÁCING VILLALBÉS

Así chegan os equipos da Terceira RFEF ao comezo de liga

Os equipos galegos da Terceira RFEF completaron esta fin de semana os seus últimos ensaios dunha pretemporada que chega ao final. A mirada está xa posta no vindeiro domingo, día no que comezará o campionato ligueiro.

Triunfos da SD Compostela e do Rácing Villalbés

A SD Compostela pechou os seus amigables cunha vitoria a domicilio fronte ao Lalín de Preferente (0-3). A súa estrea ligueira será no Vero Boquete de San Lázaro ante o CD Barco.

O Estradense caeu por 4-0 nas Eiroas fronte ao Bergantiños, conxunto de Segunda RFEF. Os rojillos debutarán o domingo co Boiro.



O Rácing Villalbés goleou 5-1 ao Lemos na Magdalena e comezará a liga en casa fronte ao Alondras, un dos rival complicado xa de inicio. Precisamente o conxunto de Cangas pechou a súa preparación cun partido contra o xuvenil do Celta.

O Noia disputou un triangular en Porto do Son contra o conxunto local (Segunda Futgal) e o Cordeiro (Primeira Futgal). O seu primeiro rival en liga será o Lugo B, que no seu último encontro de preparación perdeu fronte ao CD Barco.

Gran vitoria do Somozas diante da Sarriana

Pola súa banda, o Somozas asinou un peche impecable cun triunfo pola mínima ante a Sarriana, despois de adxudicarse tamén o Trofeo Emigrante de Pol.



Outro dos conxuntos chamados a estar arriba, o Arosa, goleou 1-7 ao Ciudad de Ribeira no seu último amigable. Días antes, caeu nos penaltis fronte ao Ourense CF na final autonómica de Copa Federación, tras eliminar ao Boiro en semifinais.

En canto ao Viveiro, impúxose 1-2 ao Arzúa (Primeira Futgal). O Silva participou no Trofeo Ferros Añón ante o Paiosaco de Preferente, mentres que o Boiro conquistou o Trofeo Hoteis Lanzada fronte ao Vilalonga en penaltis, e volveu impoñerse desde os once metros ao Marín no Trofeo Villa de Marín.

O Gran Peña venceu 3-0 ao Valladares, recentemente descendido a Preferente, e abrirá a tempada do seu centenario visitando ao Arteixo, que completou a súa preparación contra o Victoria coruñés. O Barbadás pechou a fase de amigables con derrota (0-1) contra os veciños da UD Ourense no Trofeo Os Carrís.



O Atlético Montañeros pechou a pretemporada con dúas vitorias

O Atlético Montañeros completou a pretemporada con dous triunfos: 2-1 contra o Sigüeiro e 2-0 ante o San Tirso, ambos conxuntos de Preferente.

Seguindo cos ascendidos, o Céltiga superou ao Coruxo no Memorial Alejandro García disputado na Illa de Arousa. O Juventud Cambados finalizou a súa preparación no Vila de Cambados, con derrota ante o Umia e vitoria fronte ao Ribadumia. Por último, o CD Barco pechou a pretemporada con triunfo por 1-2 ante o Cented Academy.

Imaxe de portada: Rácing Villalbés

Así chegan os equipos da Terceira RFEF ao comezo de liga

O Negreira conquista a Supercopa Galicia

Así chegan os equipos da Terceira RFEF ao comezo de liga

As Laxes, campo do Beluso, o máis