# Hashtag
lugo comercial

Novo movemento do CD Lugo co fútbol feminino

O fútbol feminino lucense viviu este verán unha época de cambios. O pasado mes de xullo o CD Lugo facía pública a renuncia á súa sección feminina, o que provocou sorpresa e malestar na sociedade futbolística. Agora, poucas semanas despois, o club firma un acordo de filialidade coa SG Comercial co obxectivo de “potenciar o fútbol feminino”.

Analizamos estes cambios realizados pola entidade lucense no que vai de verán.

Unha disolución abrupta e sen explicacións

En pleno mes de xullo, as xogadoras do Lugo descubriron polos medios de comunicación que a súa sección ficaba inactiva. Sen comunicación directa, sen despedidas ou explicacións ao corpo técnico e aos equipos base, a decisión deixaba claro que o club prioriza o masculino. Un desmantelamento duro, especialmente cando o fútbol feminino xa loita por alcanzar visibilidade, investimento e certa estabilidade.



As xogadoras chegaron a aparecer nas fotos da nova equipación. CD Lugo

Unha «solución» para unha desfeita

Agora, o club formaliza un convenio coa SG Comercial de Lugo, no que pasan a ter unha relación de filialidade. Segundo as comunicacións nas noticias, este acordo pretende “sentar as bases dun proxecto de fútbol femenino sólido e sostible no tempo”.

Este movemento do Lugo, máis que un compromiso, queda como unha medida tardía que non resarce a molestia das xogadoras que tiveron que buscar outros equipos ao quedar libres a poucas semanas de comezar as pretempadas.

Cómpre lembrar que o CD Lugo xa mantivo no pasado outros convenios de colaboración, como o asinado co PM Friol, que non chegaron a consolidarse no tempo. A experiencia fai que exista certa cautela arredor deste novo proxecto co Comercial, pois só a estabilidade e a continuidade poderán determinar se se trata dunha aposta real polo fútbol feminino ou dun movemento conxuntural.



Novo movemento do CD Lugo co fútbol feminino

Andrés Castrín, pioneiro en Lugo: o primeiro

Novo movemento do CD Lugo co fútbol feminino

Último Diario dun Mercado do verán na