# Hashtag

Andrés Castrín, pioneiro en Lugo: o primeiro xogador do século XXI da provincia en debutar en Primeira

O fútbol lucense xa pode presumir dun novo fito histórico grazas a Andrés Castrín, defensa natural de Riotorto, que neste inicio de liga debutou coa camiseta do Sevilla FC na Primeira División. Castrín convértese así no primeiro futbolista da provincia de Lugo nacido no século XXI en xogar na máxima categoría, un paso de enorme valor para un xogador que medrou no fútbol da Mariña antes de dar o salto a un dos clubs máis importantes de España.

O zagueiro galego foi chamado por Matías Almeyda e respondeu con seguridade nas dúas primeiras xornadas, onde disputou os noventa minutos. A súa aparición supón ademais un motivo de orgullo para o fútbol lucense, que ve como un dos seus canteiráns logra facerse un oco no escaparate de máis nivel.

Os pioneiros nas outras provincias galegas

Con este debut, Lugo súmase ao listado das provincias galegas que xa contan con representantes da xeración do novo milenio en Primeira División.



En Pontevedra, o primeiro en conseguir ese fito foi Iker Losada, atacante de Catoira, que sorprendeu ao mundo do fútbol en agosto de 2019 ao marcar un gol no seu debut co Celta de Vigo fronte ao Real Madrid en Balaídos. Desde entón, a lista de canteiráns pontevedreses que xogaron en Primeira non deixou de crecer: Carlos Domínguez, Pablo Durán, Gabri Veiga, Damián Rodríguez, Miguel Rodríguez, Pelayo Fernández, Javi Rodríguez, Hugo Sotelo, Yoel Lago e Stefan Bajcetic xa saben tamén o que é competir na elite.

No caso de Ourense, a estatística é moito máis reducida: só Hugo Álvarez, extremo do Celta, pode presumir de ser o primeiro da provincia en estrearse en Primeira, algo que fixo en outubro de 2021.

Finalmente, en A Coruña, o pioneiro foi o centrocampista Nico González, que debutou co FC Barcelona en agosto de 2021. Ademais de Nico, a provincia coruñesa achegou outros tres nomes ao fútbol profesional de Primeira: Álvaro Carreras, Hugo Novoa e Manu Fernández, este último estreado recentemente co Celta no campo do Mallorca.



A aparición de Andrés Castrín confirma que a canteira galega continúa a dar pasos firmes no panorama estatal e que cada vez son máis os mozos nacidos no século XXI que se abren camiño no escaparate de maior nivel.

Andrés Castrín, pioneiro en Lugo: o primeiro xogador do século XXI da provincia en debutar en Primeira

O Conco, campo do Dumbría, o máis

Andrés Castrín, pioneiro en Lugo: o primeiro xogador do século XXI da provincia en debutar en Primeira

Novo movemento do CD Lugo co fútbol