# Hashtag

O Conco, campo do Dumbría, o máis votado na enquista da Preferente Norte

A menos de dúas semanas de que rode o balón, en FutbolinGalicia seguimos buscando os vosos campos favoritos do fútbol galego. Desta volta, na Preferente Norte o escollido foi O Conco, a casa do Dumbría. Recibiu o maior número de votos, cun 29,4% do total. O campo do Conco, de herba artificial, forma parte dun complexo municipal deportivo que inclúe outras instalacións.

Seguírono Vista Alegre, campo do Órdenes, e o Municipal de Pol, que colleitaron cadanseu 11,8% dos votos. Completan o ‘top 5’ de campos máis votados A Marosa (Burela) e o García Calvo (Negreira).

O voso campo favorito da Preferente Sur

Xa está dispoñible a enquisa sobre os campos da Preferente Sur, que se manterá aberta durante unha semana. Podes escoller entre unha das 18 opcións.



Os campos da Preferente Sur en Pontevedra son: Federativo de Coia (Alertanavia), Baltar (Portonovo), As Laxes (Beluso), A Bouza (Umia), A Lomba (Cultural Areas), Campo Iago Aspas Juncal (Moaña), Álvarez Durán 1 (Tyde), A Gándara (Valladares), Manolo Barreiro (Pontevedra B), Santa Mariña (Choco), Lourambal (Porriño Industrial), O Carballo (Atios), San Pedro (Villalonga).

En Ourense son: A Moreira (Antela), San Rosendo (Sp. Celanova), Oira (Cented Academy) e A Queixeira (Atlético Arnoia). En Lugo, A Pinguela (Club Lemos).



O Conco, campo do Dumbría, o máis votado na enquista da Preferente Norte

Os descartes da Sarriana volven reforzar ao

O Conco, campo do Dumbría, o máis votado na enquista da Preferente Norte

Andrés Castrín, pioneiro en Lugo: o primeiro

1 comentario

  1. […] O Conco, campo do Dumbría, o máis votado […]

Los comentarios están deshabilitados.