# Hashtag

O Ourense CF gaña a Copa Federación; Negreira e Cultural Areas empatan na ida pola Supercopa Galicia

A final da Copa Federación decidiuse dende os once metros tralo empate a un durante os noventos minutos. Tratouse dun partido moi igualado, no que o Arosa deu a cara ante un conxunto que xoga dúas categorías por riba.

A Lomba acolleu a final da Copa Federación, na que Camus adiantou ao Ourense CF no minuto sete. O conxunto do Couto tivo dúas claras ocasións no segundo tempo para sentenciar a final, mais o Arosa levaría o desenlace ata a tanda de penaltis tralo empate no minuto 77. O tanto foi anotado por Palmás.

A final da Copa Federación decidiuse na tanda de penaltis

Palmás e Iñaki, do Arosa, anotaron os seus lanzamentos; Amin, Iker, Adrián Pérez e Adrián Guerrero non erraron e deron o triunfo ao Ourense CF.



Negreira e Cultural Areas empatan na ida da final da Supercopa Galicia

O primeiro partido da eliminatoria para decidir ao campión da Supercopa Galicia rematou sen goles. O desenlace, o vindeiro domingo. O premio é apetecible: xogar as roldas previas Copa do Rei.

O Ourense CF gaña a Copa Federación; Negreira e Cultural Areas empatan na ida pola Supercopa Galicia

Os descartes da Sarriana volven reforzar ao