O obxectivo máis cercano de Aarón Figueiredo e do CD Cultural Areas é alzarse coa Supercopa Galicia. A ida da final dispútase mañá, sendo o Negreira o rival polo título. De cara á competición na sempre igualada Preferente, Aarón Figueiredo espera pelexar polos postos nobres da táboa. A continuación as súas verbas:
FutbolinGalicia (en adiante FIG): O pasado verán firmabas no CD Cultural Areas. Como foi a túa primeira tempada no club?
Aarón Figueiredo Viñas (en adiante AFV): «A verdade é que foi unha experiencia moi positiva. Dende o primeiro día sentinme integrado no vestiario, a xente do club tratoume moi ben. Estaba moi ilusionado e moi motivado xa que era a primeira vez que ía xogar a Supercopa Galicia. Tristemente no último tramo da liga tiven unha lesión que me deixou fóra as últimas 6 xornadas. Quedoume lástima de non poder axudar ao equipo.»
FIG: Que cres que lle faltou ao equipo para ter chegado aos postos de play-off de ascenso a Terceira RFEF?
AFV: «Estivemos moi preto. Fixemos unha segunda volta espectacular. No tramo final tivemos algunhas lesións e chegamos xustos de xogadores. Fixemos encontros moi bos mais tamén deixamos escapar puntos que nos penalizaron ao final. Na primeira volta faltounos regularidade, o que foi un factor importante para non poder entrar no play-off de ascenso.»
FIG: Gañastes a Copa Deputación de Pontevedra ante o Cambados en Pasarón. Como viviches se día?

AFV: «Foi un día especial para todos. Xogar nun escenario como Pasarón xa motiva moito. Poder levantar un título co CD Cultural Areas diante da nosa xente foi inesquecible. Notouse que era algo importante para o club e para a afección.»
FIG: Como está indo a pretempada?
AFV: «Moi intensa xa que tiñamos partido da Supercopa Galicia o 3 de agosto. Hai que competir ao máximo para poder gañar esa ansiada Supercopa.»

FIG: Este domingo tedes a ida da final da Supercopa Galicia ante o Negreira. Cales cres que poden ser as claves para saír campións?
AFV: «O Negreira é un rival moi competitivo. Sabemos que será unha eliminatoria dura. As claves estarán en manter a concentración os 180 minutos, nunca baixar a intensidade e axudarnos uns aos outros. Iso é un equipo!»
FIG: Cales son os obxectivos do CD Cultural Areas para esta nova tempada?
AFV: «O primeiro e máis próximo é traer a Supercopa Galicia para Areas. O segundo mais non menos importante é competir cada domingo e estar o máis arriba posible. Queremos mellorar o do ano pasado e se podemos loitar polo ascenso, farémolo.
FIG: Algunha meta a nivel individual?

AFV: «Seguir medrando como xogador, aportar o máximo de min cada domingo e se podo axudar con goles e asistencias, benvidos sexan.»
FIG: Que equipos cres que pelexarán polo ascenso a Terceira RFEF?
AFV: «Nesta categoría sempre hai moita igualdade. Seguro que varios conxuntos estarán arriba e ao final marcará a diferenza quen sexa máis regular durante a liga. Eu teño plena confianza en nós e espero pelexar polos postos altos da táboa.»
Cortiña e ao pé con Aarón Figueiredo Viñas
Campo favorito: «A Lomba.»
Momento inesquecible da túa carreira: «Gañar a final da Copa Deputación.»
Un partido que recordes con especial agarimo: «A final da Copa Deputación contra o Cambados.»
Un adestrador que te marcase: «‘Pipo’ e ‘Garri’, na miña etapa como xuvenil de primeiro ano.»
Xogador rival que ficharías para o teu equipo: «Da nosa categoría ficharía a Edu Otero.»
Equipo contra o que che guste xogar: «O Valladares, xa que teño moitos amigos alí.»







































































































































































































































































































































































































































































































































































O Negreira conquista a Supercopa Galicia - FutbolinGalicia
01st Sep 2025[…] Aarón Figueiredo (Cultural Areas): «O obxectivo máis próximo […]