# Hashtag

Negreira e Cultural Areas, finalistas da Supercopa Galicia

O Negreira e o Culturas Areas son os finalistas da Supercopa Galicia tras impoñerse nas semifinais a Velle e Chantada respectivamente. A final disputarase a dobre partido nas dúas próximas fin de semanas. O partido de ida xogarase o domingo 24 e a volta o domingo 31.

O Negreira elimina ao Velle para chegar á final da Supercopa Galicia

O Negreira venceu en ambos partidos da eliminatoria ao Velle. No partido de ida, con tan só catorce xogadores dispoñibles, o dobrete de Gonzalo Suárez e o tanto de Javi López supuxeron un contundente 0-3. Na tarde de hoxe o Jesús García Calvo viu como o seu equipo voltaba a vencer, esta vez pola mínima grazas ao tanto de Gonzalo Suárez (1-0).

O Cultural Areas gaña na volta e accede á final da Supercopa Galicia

Chantada e Cultural Areas empataron a dous goles hai sete días no Sangoñedo. A Lomba dictaría sentencia nesta tarde de domingo. O equipo local impúxose por 2-0, con tantos de Fernando Méndez e Javi Vila.



Cabe salientar que ao vencedor da final espéralle un gran premio: disputar a rolda previa da Copa do Rei. Quen será o afortunado? En quince días saliremos de dúbidas!

Negreira e Cultural Areas, finalistas da Supercopa Galicia

Brais Prieto (Lalín): «Falar de ascenso a

Negreira e Cultural Areas, finalistas da Supercopa Galicia

Os incendios da provincia de Ourense tamén

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *