# Hashtag

Edgar Redondo (Arosa): «Como rival sempre me gustou xogar contra o Arosa e como local ten que ser o dobre de mellor»

Edgar Redondo é un dos defensas máis destacados da nosa Terceira RFEF. En xuño firmou no Arosa procedente do Villalbés, co que xogou a fase de ascenso a Segunda RFEF. A continuación as verbas do novo membro da zaga arlequinada:

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Vés de xogar a fase de ascenso a Segunda RFEF co RC Villalbés. Como resumes a tempada cos da Magdalena?

Edgar Redondo Cabado (en adiante ERC): «Unha tempada moi bonita e á vez moi esixente, cun grupo espectacular. Foi un orgullo defender a camiseta do Racing.»



FIG: Que cres que lle faltou ao equipo para ter logrado o ascenso a Segunda RFEF?

ERC: «Algo de sorte nas lesións e estar máis acertados de cara a gol no último tramo da tempada.»

FIG: Este verán fichaches no Arosa. Como se produciu a túa chegada ao club arlequinado?



ERC: «O Arosa estaba interesado en min e chegamos a un acordo moi rápido. É un club no que como rival sempre me gustou xogar contra eles, e como local ten que ser o dobre de mellor.»

FIG: Que lle aportará Edgar ao Arosa?

ERC: «Compromiso, traballo e esforzo. Con iso virá o resto sin ningunha dúbida.»



FIG: Como está indo a pretempada?

ERC: «A nivel físico estanos esixindo moito pero vexo ao equipo moi ben, moi unido e con moito ritmo. Creo que estamos entendendo e levando ben as pautas que nos dá o corpo técnico, que é moi importante.»

FIG: Cal é o obxectivo do equipo?

ERC: «O obxectivo do Arosa debe de ser sempre estar o máis arriba posible, mais sempre con humildade e compromiso.»

FIG: E os teus a nivel individual?



ERC: «Seguir medrando como persoa e futbolista. Non me poño nunca un obxectivo individual; se ao equipo lle vai ben, a min tamén seguro.»

FIG: Que equipos cres que loitarán polo ascenso directo e o play-off?



ERC: «A Terceira RFEF é moi complicada. A priori parece que o Compostela está apostando forte polo ascenso. Despois están Villalbés, Boiro, Somozas, Alondras ou Estradense, e tamén equipos que suben e que poden dar a sorpresa. E por suposto nós, que intentaremos poñerllo moi difícil a todos eles.»

Cortiña e ao pé con Edgar Redondo Cabado

Campo favorito: «A Lomba.»

Momento inesquecible da túa carreira: «último ano de xuvenís no Lugo en División de Honra. Un grupo de amigos que levabamos xuntos moitos anos conseguimos pelexar cos grandes.»

Xogador rival que ficharías para o Arosa: «Javi Rey do RC Villalbés.»

Equipo rival contra o que che guste xogar: «Contra o Arosa, como xa dicen antes, mais agora estando de local gústame o ambiente de Cantarrana, en Viveiro.»

Un partido que recordes con especial agarimo: «A clasificación para o play off coa Sarriana»

Dianteiro máis complicado de marcar: «Primo, ex do Compostela.»

Edgar Redondo (Arosa): «Como rival sempre me gustou xogar contra o Arosa e como local ten que ser o dobre de mellor»

Os adestradores da 25/26 na Terceira RFEF

1 comentario

  1. Marta fernandez Bocelo
    10th Ago 2025

    Bravo Edgar 👏 👏

Los comentarios están deshabilitados.