# Hashtag

Brais Álvarez (Sporting Celanova): «Conseguimos por fin ese ascenso que o club levaba tanto tempo buscando»

Brais Álvarez González chegou ao Sporting Celanova o pasado verán. Esta campaña, que rematou co ascenso do equipo de San Rosendo a Preferente, foi un dos xogadores máis utilizados polo corpo técnico liderado por Miguel Ángel Mociño. A continuación as súas verbas:

FIG: Por primeira vez como xogador sénior cumprirás unha segunda tempada no mesmo equipo. Que lle aporta o Sporting Celanova a Brais Álvarez para ter renovado?

Brais Álvarez González (en adiante BAG): «Si, é a primeira vez que renovo. O Sporting Celanova apórtame moitas cousas. A directiva e o corpo técnico son espectaculares. Gústame moito a idea que plantexan e síntome moi cómodo dentro do terreo de xogo. O vestiario é un grupo de amigos, algo que é fundamental. É un club que ten detrás bastante xente que nos apoia e que sempre baixa ao campo, tanto en casa como fóra. Todo isto fai que o ambiente sexa sempre espectacular.»



FIG: A tempada pasada pechouse con ascenso a Preferente Futgal. Cales cres que foron as chaves para lograr o salto de categoría?

BAG: «As chaves para lograr o ascenso foron a unión do grupo máis a forza que nos deu a afección, que foi unha auténtica loucura. Conseguimos por fin ese ascenso que o club levaba tanto tempo buscando!»

FIG: Como está a ser a pretempada?



BAG: «A pretempada acaba de arrincar. Aínda non xogamos os primeiros amigables. Por agora o traballo está sendo bastante físico. O ambiente nas pretempadas en tódolos clubs é unha pasada. Estamos traballando forte para chegar da mellor maneira posible ao primeiro partido da tempada.»

FIG: Cal é o obxectivo do Sporting Celanova para a campaña 25-26?

BAG: «Penso que o obxectivo para esta tempada é a permanencia. Somos un equipo que acaba de chegar á categoría despois de catorce anos. A meta principal ten que ser salvarse e a partir de aí todo o poidamos conseguir será moi bo. Hai que facer os puntos para salvarse o antes posible e poder estar tranquilos.»



FIG: Tes algunha meta a nivel individual para o novo curso?

BAG: «O meu obxectivo principal é tratar de seguir crecendo como xogador. É un ano que afronto con ilusión. Estou traballando moito a nivel individual para estar o mellor posible fisicamente e tratar de dar ese pasiño adiante e mellorar. Quero axudar ao equipo en todo o que poida, que ao final é o importante.»

FIG: Cales cres que son os equipos chamados a estar nos postos altos da clasificación?

BAG: «Penso que é unha categoría moi igualada, na que haberá bastantes equipos arriba. Por apostar por un e facelo por algún de Ourense e tirar un pouco para casa, apostaría polo Arnoia. O ano pasado fixo un final de tempada moi bo e reforzouse bastante ben, con xogadores importantes. Ogallá lles vaia moi ben e se pode estar algún arriba, cantos máis de Ourense mellor!»

Cortiña e ao pé con Brais Álvarez González

Campo favorito: «San Rosendo.»



Xogador rival que ficharías para o Sporting Celanova: «Iago Quintairos, do Arnoia.»

Un adestrador que te marcase: «Quédome con dous: Abraham Rodríguez, da miña etapa de fútbol 8, e Millán Fernández.»

Un recordo inesquecible da túa carreira: «O ascenso do ano pasado co Sporting Celanova.»

Un compañeiro: «Pepi, do Sporting Celanova.»

Un equipo contra o que che guste xogar: «UD Barbadás xa que é a miña casa, onde máis anos estiven e onde sigo como adestrador.»

Brais Álvarez (Sporting Celanova): «Conseguimos por fin ese ascenso que o club levaba tanto tempo buscando»

Os equipos da Preferente xa están en

Brais Álvarez (Sporting Celanova): «Conseguimos por fin ese ascenso que o club levaba tanto tempo buscando»

Edgar Redondo (Arosa): «Como rival sempre me

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *