# Hashtag

Álex Sánchez (Sofán): «Lalín, Sigüeiro, Negreira e San Tirso son candidatos aos postos altos»

Na súa primeira tempada como xogador do Sofán, no que foi o seu debut en Preferente Futgal, Álex Sánchez foi moi importante no equipo dirixido por Pablo Torreira, que rematou quinto a fase regular. Xogou nas semifinais polo ascenso ante o Beluso, caendo eliminados tras ser superados a domicilio por 2-1 na volta tralo empate sen goles no encontro de ida. A continuación as verbas de Álex Sánchez sobre a tempada pasada e o que pode deparar a que está a piques de comezar:

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Como calificarías a tempada 24-25 do Sofán?

Álex Sánchez Barrientos (en adiante ASB): «A tempada pasada foi espectacular. Tanto a nivel grupal como a nivel deportivo foi de sobresaínte. Ao final foi agridoce xa que na mesma semana perdemos na fase de ascenso e na copa, mais valorando todo o traballo do ano creo que nos mereciamos un pouco máis. De todas formas, desde o meu punto de vista, foi unha tempada sensacional.»



FIG: Cerca de 3.000 minutos e 4 goles no teu debut na Preferente. Algún obxectivo a nivel individual para a nova campaña?

ASB: «Principalmente seguir mellorando e aprendendo para poder dar o mellor nivel posible.»

FIG: Cales son as metas do Sofán no curso 25-26?



ASB: «Os principais obxectivos diría que son a permanencia e a Copa. A partir de aí todo o que veña, mellor! Máis ou menos como o ano pasado: o principal era a salvación e unha vez conseguido xa miramos cara arriba.»

FIG: Que equipos cres que pelexarán polos postos altos da clasificación?

ASB: «Diría que uns claros candidatos a loitar polos postos de arriba por nivel e reforzos serían Lalín, Sigüeiro, Negreira e San Tirso.»



Cortiña e ao pé con Álex Sánchez Barrientos

Campo favorito: «A Arliña, Muxía»

Momento inesquecible: «Gañar a Copa da Costa co Dumbría en Muxía, que é o meu pobo.»

Adestrador que te marcase: «Mutxi, do Cee.»

Un compañeiro: «Javichu.»

Un xogador rival que ficharías para o Sofán: «Christian Liñares.»



Un equipo contra o que che guste xogar: «Negreira.»



Álex Sánchez (Sofán): «Lalín, Sigüeiro, Negreira e San Tirso son candidatos aos postos altos»

Os cracks da Terceira galega xa teñen