# Hashtag

Os 36 equipos da Preferente Futgal xa coñecen o calendario

Os 36 equipos que conforman os dous grupos da Preferente Futgal xa coñecen camiño que deben seguir esta tempada unha vez sorteado o calendario dos dous grupos durante a Asamblea Xeral da RFGF celebrada este mércores na sede federativa de Santiago.

A competición dará comezo a fin de semana do 6 e 7 de setembro e rematará o 17 de maio, dando lugar ao play off de ascenso, no que participarán os clasificados do 2º ó 5º posto de cada grupo. Os dous campións de cada grupo acadarán o ascenso directo.

Aquí podes consultar o calendario completo do grupo norte. Aquí o do grupo sur.



As claves do calendario

A Preferente norte comezará forte xa dende a primeira xornada. Mediranse dous dos equipos que xogaron play-off, Negreira e Lalín, que volven ter atractivos proxectos. Os do Deza rematarán a liga ante o descendido Betanzos, que abrirá o campionato ante outro dos equipos fortes do pasado curso, o Sofán.

No grupo sur a liga arrancará con encontros interesantes como o Atios – Villalonga, no que se medirán un dos mellores equipos da pasada temporada cun acabado de descender que quere ter un bo ano na súa volta a Preferente.

Malia contar con equipos de Pontevedra e Ourense, hai tamén un lucense que acaba de chegar a este grupo sur, o Club Lemos. O histórico conxunto de Monforte, xa centenario, abrirá o campionato na casa ante un Choco que salvou os mobles coa temporada xa rematada.



Os 36 equipos da Preferente Futgal xa coñecen o calendario

A EFF Rosalía sela un acordo internacional

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *