Os 18 equipos que van competir esta temporada na Terceira RFEF xa coñecen a súa folla de ruta. O Pazo de Goiáns de Boiro acolleu unha nova edición da xuntanza de clubs, evento no que se sorteou o calendario e no que estiveron presentes representantes de todos os participantes da categoría para esta temporada.
Un dos grandes candidatos ao título e o ascenso, a SD Compostela, abrirá a liga na casa o 7 de setembro, recibindo ao CD Barco. O Arosa medirase ao Silva e o Estradense recibirá ao Boiro na casa na xornada 1. A entrega inicial da Terceira deixará outro duelo interesante entre Villalbés e Alondras, así como un Noia – Polvorín e un Somozas – Cambados. Os partidos Arteixo – Gran Peña, Viveiro – Barbadás e o enfrontamento entre ascendidos Montañeros – Céltiga completarán a xornada inaugural da Terceira.
O calendario completo pódese consultar aquí.
Así funcionará a Terceira
Nesta categoría, o plan competicional é o mesmo das últimas tempadas, con 18 equipos, ascendendo de maneira directa o campión. Promocionan os catro seguintes clasificados nun play off inicial interno do que sae un clasificado para a eliminatoria nacional na que se pon en xogo un ascenso a 2ª Federación. Tres volverán a ser os descensos directos.
A liga dará comezo o 7 de setembro e rematará o 10 de maio, disputándose o play off do 17 de maio ao 21 de xuño.
Cabe destacar que esta tempada volve a Copa Rexións UEFA. Iso supón tres datas que afectarán ao calendario en función das fases que vaia superando a selección galega. Na primeira fase, que xogan todas as seleccións autonómicas, provocará un parón no calendario de liga a fin de semana do 29-30 de novembro. Esa data será compensada con xornada o 19 de marzo, que foi declarado día festivo en Galicia para o ano 2026.




























































































































































































































































































































































































































































































































Diario dun Mercado na Terceira RFEF (IV) - FutbolinGalicia
01st Ago 2025[…] Definida a folla de ruta da Terceira RFEF […]