# Hashtag

O Marín deseña un proxecto galáctico na Primeira Futgal

Un dos equipos de Primeira Futgal que máis está dando que falar este verán é o Marín CF, que está armando un equipo galáctico. Xogadores de superior categoría están baixando ao barro da sétima categoría do fútbol atraídos por un proxecto serio e ambicioso e boas condicións.

Entre as incorporacións anunciadas destacan as de dous futbolistas naturais de Marín. Sen dúbida, un dos movementos máis sorprendentes por parte do club no que vai de verán foi a contratación de Víctor Vázquez Churre, directamente procedente dun Pontevedra que acaba de acadar o ascenso a Primeira RFEF e tras sete temporadas de granate.

Tamén naceu en Marín Javi Pazos, que tras catro temporadas no CD Barco regresa a casa para tratar de ascender a Preferente co equipo da súa localidade. Dende outro equipo que acaba de ascender a Terceira, o Cambados, chega a outra das incorporacións sonadas, Jacobo Millán.



Outros futbolistas que hai que destacar son Sylla e Álex Rey. Ambos os dous procedentes de Barraña, onde defenderon a camiseta do Boiro en Terceira RFEF. Completan a listaxe de fichaxes o porteiro Marc Bermúdez, Diego Patiño, Pablo, Oski e Pedro Barrio.

Os rivais do Marín

A liga comezará o 7 de setembro.



O Marín deseña un proxecto galáctico na Primeira Futgal

O Domaio é novo equipo de Terceira

O Marín deseña un proxecto galáctico na Primeira Futgal

Máis do 40% dos equipos galegos cambiaron

2 Comentarios

  1. […] O Marín deseña un proxecto galáctico na Primeira […]

  2. […] O Marín deseña un proxecto galáctico na Primeira […]

Los comentarios están deshabilitados.