# Hashtag
domaio

O Domaio é novo equipo de Terceira RFEF

O fútbol feminino galego vén de experimentar un xiro inesperado que marcará a configuración da próxima tempada na Terceira Federación. O CD Lugo, que tiña asegurada a permanencia na categoría nacional, renunciou de forma sorpresiva á súa praza sen informar con tempo ás súas xogadoras, segundo comunicaron as xogadoras en redes sociais. Esta decisión abriu unha vacante que, tras o proceso regulamentario correspondente, foi ocupada polo Domaio FC, que confirma así o seu salto ao fútbol nacional.

A semana pasada falabamos da inestabilidade no fútbol feminino para consolidar proxectos e isto non fai máis que confirmar esa hipótese. Hoxe analizamos os feitos deste novo desaxuste.

O Lugo sentenza a morte a súa sección feminina

A decisión do CD Lugo de suprimir a súa sección feminina chegou sen aviso e causou unha fonda decepción tanto no plantel como no contorno do club. Segundo publica La Voz de Galicia, as xogadoras non foron avisadas con antelación e tiveron que enterarse por terceiros ou a través da prensa da desaparición do proxecto. Este desenlace rompe coa aposta pola estabilidade que o club lucense parecía estar consolidando nas últimas campañas.



A renuncia, oficializada o 11 de xullo ante a RFEF, obrigou a activar o proceso de reasignación da praza vacante. O regulamento da Federación Española establece que, en casos coma este, o dereito de acceso pasa primeiro aos equipos descendidos (que nesta ocasión non existían), e logo aos mellores clasificados da categoría inferior pertencentes á mesma federación autonómica.

O Domaio celebra un ascenso histórico

A orde de méritos deportivos situaba ao Domaio FC como o seguinte equipo lexitimado para cubrir a praza, logo de que o Lóstrego CF “B”, sexto clasificado da 1ª División Galega, non puidera acceder por dependencia directa co seu equipo principal, xa en Terceira.

domaio
Celebración do Domaio en redes sociais. RRSS Domaio FC

Con esta resolución, o Domaio convértese en novo equipo da Terceira Federación de fútbol feminino, segundo xa confirmou o propio club en declaracións a Faro de Vigo. O Domaio, que estaba traballando para montar o equipo en Primeira Galega, agora planificará unha tempada de maior esixencia.



Un reto ilusionante

A chegada do Domaio á Terceira RFEF supón un fito para a entidade, que xa confirmou oficialmente a súa inscrición na categoría nacional. A entidade afrontará un novo reto deportivo e institucional, cun nivel competitivo máis alto e con equipos xa consolidados na categoría como o Sárdoma, Victoria CF, Victoria FC, PM Friol, Lóstrego ou Bergantiños.

Pola contra, o abandono do Lugo supón un paso atrás significativo no desenvolvemento do fútbol feminino lucense, que agora queda, de novo, só co Friol en Terceira RFEF e como proxecto referente da provincia.



O Domaio é novo equipo de Terceira RFEF

A rolda previa da Copa do Rei

O Domaio é novo equipo de Terceira RFEF

O Marín deseña un proxecto galáctico na

1 comentario

  1. […] O Domaio é novo equipo de Terceira RFEF […]

Los comentarios están deshabilitados.