# Hashtag

Denis López (San Tirso): «Hai seis ou sete equipos que podemos pelexar pola promoción e polo ascenso directo»

O San Tirso fixo unha tempada histórica, na que chegou a xogar contra o RCD Espanyol, da máxima categoría do fútbol nacional, na Copa do Rei. Tamén pelexou na promoción por ascender a Terceira RFEF. Un dos xogadores determinantes do equipo coruñés é o talentoso Denis López, que acaba de renovar e cumprirá por tanto a quinta tempada no club. A continuación as súas verbas:

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Que ten o San Tirso para renovar por quinta tempada seguida tras ter cambiado moito de equipo con anterioridade?

Denis López López (en adiante DLL): «A comodidade, o traballo diario e o vestiario, que é unha marabilla. En ningún momento pensei en marchar. Despois dunha etapa na que non estaba atopando estabilidade noutros equipos, aquí estou xenial.»



FIG: Tes grandes cifras goleadoras nestas últimas tempadas. Algunha meta neste aspecto para o curso 25-26?

DLL: «A nivel goleador non podo queixarme das cifras que levo dende que fichei en San Tirso. Este ano xa non só pido cifras goleadoras, máis ben que respecten as lesións e que poida ter a máxima continuidade posible.»

Histórica campaña do San Tirso

FIG: Como resumirías o curso 24-25?



DLL: «Creo que foi a mellor da historia do San Tirso. Gañar as copas da tempada anterior levounos a xogar a Copa do Rei, que foi todo un éxito. Acabamos a tempada xogando a promoción, que era o obxectivo que nos marcamos ao inicio. Creo que así redondeamos o ano. A tempada foi de sobresaínte.»

FIG: Cales son os próximos obxectivos?

DLL: «Intentar mellorar o que levamos facendo todos estes anos. Este ano fomos cuartos. Tiñamos o obxectivo de meternos na promoción e este ano será na mesma liña. Se podemos quedar terceiros ou segundos, mellor. Intentaremos mellorar sen marcarnos tampouco o obxectivo do ascenso, que non é unha prioridade para o club.»



FIG: Cales cres que son os equipos chamados a estar pelexando polo ascenso a Terceira RFEF?

DLL: «Seguramente arriba, polo que se pode ver no mercado e polo que os equipos se están movendo, estean o Lalín, o Sigüeiro, o Betanzos, o Negreira, o Sofán e nós. Hai seis ou sete equipos que podemos pelexar pola promoción e polo ascenso directo.»

Cortiña e ao pé con Denis López

Campo favorito: «Riazor.»

Momento inesquecible: «As convocatorias coa selección española sub-16 e sub-17.»

Un adestrador: «Fabio Rodríguez.»



Compañeiro: «Santi Brandariz.»

Xogador rival que ficharías para o teu equipo: «Juan de Selia.»

Denis López (San Tirso): «Hai seis ou sete equipos que podemos pelexar pola promoción e polo ascenso directo»

Luis Rincón (Alondras): «Compos e Arosa son

Denis López (San Tirso): «Hai seis ou sete equipos que podemos pelexar pola promoción e polo ascenso directo»

Diario dun Mercado na Terceira RFEF (II)

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *