# Hashtag

Luis Rincón (Alondras): «Compos e Arosa son os rivais a batir»

Luis Miguel Rincón Fontán regresa a un Alondras, onde xa xogou entre 2019 e 2021, que está a facer un ilusionante proxecto coa meta de pelexar por xogar o play-off de ascenso a Segunda RFEF na tempada 2025-2026. Repasamos con el o histórico ascenso conseguido coa UD Ourense a Segunda RFEF hai poucas semanas e o que espera dunha nova e ilusionante campaña na nosa Terceira RFEF.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): Nesta tempada 24-25 lograches o ascenso coa UD Ourense a Segunda RFEF. Como valoras este fito e a campaña en xeral?

Luis Miguel Rincón (en adiante LMR): «Subir co Ourense sempre é especial. Eu fun á UD Ourense co obxectivo de ascender a Segunda RFEF xa na primeira tempada, por club, afección e todo o relacionado con el. Xoguei alí hai uns 12 anos, debutando en Segunda B. Sempre tiven un cariño especial polo club e quería devolvelo á categoría na que mínimo merece estar. Por sorte este segundo ano conseguimos o ascenso. A campaña pasada quedamos ás portas no play-off e quedei con folgos de volver a intentalo. Estou moi contento de poder conseguilo este ano.»



Luis Miguel celebra un gol coa UD Ourense Cedida

FIG: Algunha situación a destacar deste gran ano?

LMR: «O poder e a unidade do grupo. Ao final así é como se consiguen os obxectivos. Tiñamos un gran equipo con xogadores moi bos mais o máis destacado era a unión que había entre todos nós, tanto xóvenes como veteráns. Había un mix e unha sintonía perfectos. Así o obxectivo foi máis fácil de conseguir. Quédome co grupo humano que había, tanto corpo técnico coma xogadores. Foi a chave para lograr o ascenso.»

FIG: Regresas ao Alondras, do que xa formaches parte entre 2019 e 2021. Como se produciu este retorno aos do Morrazo?



LMR: «Estiven alí ano e medio. O primeiro deles foi cando se parou polo COVID no mes de marzo. O segundo ano, con Jorge Otero, fixemos play-offs. Teño un gran recordo desa tempada, da que fun un dos pichichis da liga. Quedamos preto de xogar a final do ascenso.»

«O Alondras é un club que coñezo moi ben. Teño amigos no cadro de xogadores e na directiva. Non podo adestrar polas mañás polo meu traballo e das opcións que tiña en Terceira RFEF sen dúbida é a mellor tanto deportiva coma persoalmente.»

FIG: Cales son os teus obxectivos persoais e tamén os do Alondras na tempada 25-26?



LMR: «A nivel persoal, e tamén no grupal, é pelexar por xogar os play-offs. A base dos xogadores que quedan da tempada pasada é moi boa, de feito estiveron a piques de xogar a fase de ascenso. Creo que o equipo está dando un pasiño máis nese sentido.»

«O meu principal obxectivo é pelexar por estar o máis arriba posible na táboa. Sabemos que hai equipos moi fortes, mais a meta é esa. A idea que temos é competir ao máximo nivel e por iso firmei no Alondras, que de seguro estará aí.»

FIG: A que rivais lles tes máis respecto para esta vindeira tempada?

LMR: «Compostela e Arosa. Sempre teño respecto a tódolos equipos mais é certo que Arosa e Compos, por presuposto e entidade, a priori estarán un puntiño por riba dos demais. Creo que son os rivais a batir mais será unha liga igualada na que todos os equipos teñen xogadorazos. É unha das Terceiras máis igualadas dos últimos anos.»

Test persoal a Luis Rincón Fontán

Campo favorito: «O Couto.»



Momentos inesquecibles: «O ascenso coa UD Ourense, o debut en Segunda B co CD Ourense con Luisito, e por suposto xogar co meu irmán pequeno Sergio no Alondras.»

Un compañeiro: «Pol Bueso.»

Luis Rincón (Alondras): «Compos e Arosa son os rivais a batir»

As últimas novidades no Diario dun Mercado

Luis Rincón (Alondras): «Compos e Arosa son os rivais a batir»

Luis Rincón (Alondras): «Compos e Arosa son

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *