# Hashtag

Estes serán os grupos de Primeira Futgal na tempada 25/26

A tempada 2025/2026 vai collendo forma nas categorías do fútbol afeccionado galego, e unha das propostas analizadas na reunión celebrada recentemente en Santiago de Compostela xa comeza a xerar debate entre os clubs. A posibilidade de reconfiguración dos grupos de Primeira Galicia (Primeira Futgal) traería algunhas novidades se finalmente se aproba este modelo.

Na imaxe proxectada durante a reunión —que non é definitiva pero si unha das opcións con máis forza sobre a mesa— pode verse unha distribución que busca, en teoría, criterios de proximidade e equilibrio competitivo. Porén, hai casos que xa levantaron comentarios e que o farán durante os próximos días.

Un dos máis rechamantes é a posible inclusión do CD Brollón no grupo dos equipos ourensáns. Outra situación singular é a dos equipos Vilaboa e Domaio (este último xa o fixo o ano pasado), que aparecen integrados no grupo dos equipos da área de Vigo, a pesar de que tradicionalmente competían máis cara ao norte xunto ao resto de equipos pontevedreses.



Tamén destaca a presenza do Agolada no grupo 5, compartindo espazo con equipos de Pontevedra e Santiago, unha modificación que podería responder a necesidades de equilibrio xeográfico fronte ao número de equipos por zona. Especialmente, tras a renuncia do Val Miñor á súa praza e a entrada da SD Cacheiras na categoría. Este factor é o que provocaría que o Vilaboa xogase cos conxuntos de Vigo.

Compensación en Preferente

Ademais, nas categorías superiores tamén hai movementos que se están estudando. En Preferente Galicia, unha das opcións que se valora é que o Lemos de Monforte, pese á súa situación xeográfica en Lugo, pase a competir no grupo Sur, o que suporía un cambio de dinámica respecto ao que viña sendo habitual nas últimas tempadas.

Moitas voces apuntaban que, para compensar os tres ascensos do sur, sería o Lalín o que xogaría neste grupo, pero, polo que se puido saber, o Lemos é o equipo que colle máis forza para xogar na Preferente Sur. O Puebla e o Cidade de Ribeira tamén eran outras das opcións.



A decisión definitiva tomarase nas próximas semanas, pero esta proposta xa deixa entrever unha tempada 25/26 con novos desprazamentos que poderían mudar as rutinas dalgúns clubs afeccionados.

Estes serán os grupos de Primeira Futgal na tempada 25/26

Diario dun Mercado na Terceira RFEF: os

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *