# Hashtag

Luis Gonzalo (CJ Cambados): «Nunca vivín nada parecido á celebración do ascenso»

O Club Juventud Cambados conseguiu o ascenso á quinta categoría do fútbol nacional hai menos dun mes. Rematou quinto a fase regular da Preferente Sur, posto que otorga dereito a disputar a fase de ascenso. A liña a seguir polo club ten trazos de continuista. O staff técnico continuará liderado por Rubén Cornes, que vivirá a súa sexta campaña ao cargo do equipo. No cadro de xogadores renovan o seu compromiso seis importantes futbolistas: Brais, Diego Hernández, Álvaro Tavares, Diego Iglesias, Seydou e Luis Gonzalo Fariña. Falamos con Gonzalo sobre unha tempada que acabou cun gran éxito!

FIG: Tras cinco tempadas en Preferente no Juventud de Cambados, chegou o ascenso a Terceira RFEF. Como resumes esta gran campaña?

Luis Gonzalo Fariña (en adiante LGF): «Esta gran campaña é o reflexo do traballo ben feito, tanto por parte da directiva como do copo técnico e xogadores, e especialmente grazas ao apoio da afección.»



«A chave é a gran unión do equipo. Levabamos moitos anos traballando xuntos e con todo iso, máis o sumado polas novas fichaxes que aportaron todavía máis, puidemos devolver ao Club Juventud Cambados a Terceira despois de 27 anos.»

FIG: Algunha anécdota digna de destacar nesta tempada?

LGF: «Non sei se pode ser considerada anécdota ou non, mais o mellor momento da tempada sen dúbida foi o día do ascenso. Máis de 500 afeccionados desplazáronse a Beluso para animar ao equipo. Quédome especialmente coa celebración, nunca vivín nada parecido! Cada vez que vexo os vídeos dese día, emociónome coma se estivese pasando agora. Ogallá poder volver a ese día outra vez!»



Obxectivos claros: manter a categoría e disfrutar da tempada

FIG: Cales serán as bases e os obxectivos do club para o curso 2025-2026?

LGF: «O traballo día a día, que é fundamental. Tamén a gran comunión que temos entre os xogadores, que é imprescindible nun equipo; e seguir contando co apoio da afección, que foi moi importante para o equipo neste último tramo da tempada, axudando nos momentos máis difíciles, e foi chave para conseguir o ascenso.»

«O obxectivo é claro: manter a categoría. Sabemos que será un ano moi complicado mais tamén moi bonito de vivir. Temos que disfrutar desta próxima tempada, merecémolo!»



FIG: Haberá unha liña continuista no proxecto?

LGF: «Vistas as renovacións e coñecendo ao adestrador sabemos que seguiremos na mesma liña, aínda que teremos baixas de xogadores moi importantes como Batallón, Jacobo Millán, Ramón e Ricar, entre outros. Obviamente necesitaremos novos reforzos e seguir aumentando a competencia no día día, que será o que nos levará a poder conseguir os obxectivos desta tempada.»

FIG: Que significa o club para ti tras levar xa cinco anos nel?

LGF: «Este club significa moito para min. É o equipo do meu pobo, onde empecei a dar os meus primeiros toques a un balón. Poder saltar ao campo a defender este escudo, vendo a todos os meus amigos e a toda a xente do pobo animando, é un gran orgullo. Quero aportar moito ao equipo e seguir xogando moitos anos máis aquí.»

Foto portada: RNX Fotografía



Luis Gonzalo (CJ Cambados): «Nunca vivín nada parecido á celebración do ascenso»

Os Vintage: Jesús Granja Fondevila

Luis Gonzalo (CJ Cambados): «Nunca vivín nada parecido á celebración do ascenso»

Diario dun Mercado na Terceira RFEF: os

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *