# Hashtag

Seguen as novidades no Diario dun Mercado da Preferente Norte

Quedan pouco máis de dous meses para o inicio da Preferente Norte e os equipos avanzan na confección dos seus cadros de xogadores. Esta nova edición do Diario dun Mercado de FutbolinGalicia chega cos primeiros fichaxes no Dubra, que pesca no Compostela xuvenil ao porteiro Santi e o central Adri, e incorpora tamén a Caneda.

Primeira novidade tamén no Victoria, a onde volve Adri Méndez tras un ano no Paiosaco. O Negreira e o Dumbría tamén comezaron a anunciar renovacións. Ao Lalín chega dende A Estrada Brais Calvo e Emi Carril volve calzar as botas tras un ano parado para xogar no Manuel Anxo Cortizo, onde tamén asina o centrocampista Hugo Alvarellos. Casariego e Paulo chegan ao San Tirso.

No Miño apostan pola mocidade e dende o Montañeros chegan Hugo Mato e Víctor Seco, así como David e Noel. O Betanzos pecha a portería coa incorporación de Jurado, e o García Irmáns recibe tamén a Xoel e Alberto Leira. Paiosaco e o Pol reforzan a defensa co lateral esquerdo Martín Carracedo e o central Diego Fernández, respectivamente.



O Betanzos reármase

Betanzos | Renovacións: Ángel, Pedro Couce, Manu Barbeito, Álex del Río e Martín Lago | Fichaxes: Álvaro Dolz (defensa, procede do Mugardos), Luismi (centrocampista, Boimorto). Marcos (defensa, Silva), Piquero (centrocampista, Mugardos), André (centrocampista, Montañeros), Manu Castro (porteiro, Órdenes), Xoel (defensa, Arteixo), Alberto Leira (centrocampista, Arteixo) e Jesús Jurado (porteiro, Meicende),

Os equipos de play-off

Negreira | Renovacións: Juan Diego, José Dacuña, Peke e Xabi

Sigüeiro | Aínda non anunciaron movementos



San Tirso | Renovacións: Rellán, Christian, Lameiro, Segade, Lago, Denis, Mario e Pablo Vigo | Fichaxes: Rachón (dianteiro, Relámpago), Fedello (porteiro, Dubra), Dani Pájaro (centrocampista, Miño), Paulo (atacante, Sofán) e Casariego (defensa, Betanzos).

Sofán | Renovacións: Fabián, Dani Becerra, Marcos Montero, Dani García. Braian Gómez, Pablo García, Iván Martínez, Álex Sánchez, Iván Parafita, Daniel Pena, Brais Gómez e Javier Álvarez | Fichaxes: Hugo Pastoriza (Arteixo xuvenil), Isma (Arzúa) e Julián Cortés (Orillamar).

Lalín | Renovacións: Lois Varela, Álex Rivas, Álex Bernárdez, Alberto Fernández, Pablo Couto, Eloy, Manu Vilariño, Brais Vila. Xocas, Hugo García, Aarón Soto e Josema. | Fichaxes: Iker Taboada (porteiro, Boimorto), Cristian Liñares (dianteiro, Sigüeiro), Brais Calvo (centrocampista, Lalín). Emi Carril (centrocampista, non xogou a pasada temporada) e Hugo Alvarellos (centrocampista, Sigüeiro).



Diario dun Mercado nos equipos da zona media

Paiosaco | Renovacións: Josiño, Iván Amor, Pablo, Beto, Raña, Dani Moreno, Dani Carnota, Juanma, Andrés Pérez e David González. | Fichaxes: Cristian Quintas (dianteiro, San Tirso), Jorge Queijeiro (central, Ural xuvenil). Hugo Fernández (porteiro, Montañeros xuvenil), Noel Suárez (promociona dende o xuvenil) e Martín Carracedo (lateral, Dubra).

Cidade de Ribeira | Aínda non anunciaron movementos

Pol | Renovacións: Álex Pérez, Marcos González, Alejandro Arranz, Dani García, Julio Camba, Omar Rodríguez e Iago Buján. | Fichaxes: Luis Díaz (centrocampista, Milagrosa) e Diego Fernández (central, Viveiro).

Miño | Renovacións: Kevin, Javi, Mario Couce, Cobelo, Jaime, Seo, Pablito, Barral, Manu Carracedo, Candal e Vile. | Fichaxes: Rubén Lozano (dianteiro, Pozuelo de Alarcón), Pedro Carpente (dianteiro, San Tirso), David Barreiro (centrocampista, Olímpico). Noel Teixeiro (centrocampista, Villalbés), Hugo Mato (dianteiro, Montañeros) e Víctor Seco (defensa, Montañeros).

Dubra | Renovacións: Martín Vieites, Daríos Gontán, Javier Domínguez, José Luis Cea, Abel Patiño e Martín García. | Fichaxes: Santi Albarrán (porteiro, Compos xuvenil), Antonio Caneda (defensa) e Adri González (central, Compos xuvenil).



Lemos | Renovacións: Pablo Losada, Adri Díaz, Borja Castro, Luis González, Aissa El Jamai, Dafonte e Sergio Seijas. | Fichaxes: Youness (Calasancio xuvenil), Karl Emmanuel (Escairón), Xoel Irimia (Escairón), Rogerio Pinto (Barco), Yann (Escairón). Iñaki (Pol), Alejandro Lamús (Pabellón xuvenil), Dani Delgado (Chantada Atlético), Fito Periale (R. Villalbés) e Iker Calleja (Montañeros xuvenil).

Órdenes | Renovacións: Pichu, Sixto, Jorge, Brais, Román, Pablo Mouriño, Iván Calvo e Martiño | Fichaxes: Manu (porteiro) e Pastur (mediocentro, Mugardos)

O Val | Aínda non anunciaron movementos

Os catro ascendidos a Preferente no Diario dun Mercado

Cultural Maniños | Renovacións: Javi González, Ángel López, Javi Miragaya, David Vidal, Javi Martínez, Mateo Cociña, Álvaro España, Raúl Albela. Hugo Cociña, Christian Rodríguez, Caio Correa, Adrián González, Juan Pardo, Marcos Amado, Santi Díaz, Miguel Agras, Miguel Segura e Marcos Piñeiro.

Dumbría | Renovacións: Pablo Paz, Samuel Quintáns, Jose Miguel Sendón, Xabi e Álex Marcote | Fichaxes: Berto Fandiño (Betanzos)

Burela | Aínda non anunciaron movementos

Victoria | Renovacións: Iván e Miguel Mandayo, Quique Calzado, Álvaro Barato, Oski, Víctor, Ivi, Bandera, Álex Gallego, Mateo Pedraz, Alberto Benito, Sergio, Pablo Souto e Jorge | Fichaxes: Adri Méndez (Paiosaco)

Imaxe: Instagram / Fito Periale

Seguen as novidades no Diario dun Mercado da Preferente Norte

Os ascensos e descensos na arbitraxe galega

Seguen as novidades no Diario dun Mercado da Preferente Norte

Diario dun mercado Segunda RFEF. Episodio 2.

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *