# Hashtag

Os ascensos e descensos na arbitraxe galega para a vindeira temporada

A arbitraxe galega vén con cambios de nomes de cara a vindeira temporada. A Terceira RFEF suma cinco novas caras e perde catro colexiados, e hai tamén novidades en canto á Preferente.

Entre as baixas (na foto de portada, os que aparecen na fila inferior) máis salientables está a de Extremadura Hernández. O vigués despídese da Terceira ao cumprir a idade regulamentaria. Dirixiu partidos en Terceira RFEF (antes Terceira División) en dúas etapas, de 2007 a 2011 e de 2012 a 2025. Coa súa marcada personalidade e carisma, aspectos que nunca pasaban desapercibidos, converteuse en referente na delegación de Vigo.

Os que traballaron ao seu carón destacan o compañeirismo e ven a Rubén Extremadura como un exemplo e inspiración para os árbitros máis novos. Foi tamén un colexiado polémico, máis aínda hai escasos meses, cando a RFEF determinou que unha das súas actas dun partido de DH Xuvenil entre o Celta e o Montañeros non se axustaba á realidade.



Os outros árbitros que non seguirán en Terceira RFEF son o coruñés Represas Rodríguez e o lucesnse Méndez López, mentres que o santiagués Alcalá Rey causa baixa a petición propia.

A remuda xa está confirmada

A Real Federación Galega de Fútbol xa deu a coñecer tamén os nomes dos colexiados que comezarán a dirixir partidos do grupo primeiro da Terceira RFEF (na foto de portada, na fila superior). Son o santiagués Brais García Iglesias, o pontevedrés Alejandro Gómez Cerqueiro, o ourensán Adrián González Rey, o coruñés Daniel Naya Rey e o vigués David Táboas Lagoa.

A maiores, outros dous colexiados quedan como supletes, para cubrir vacantes que se puidesen producir na categoría; son o coruñés Castro García e o vigués Arredondas Fernández.



Cambios na arbitraxe de Preferente

A arbitraxe achega tamén aires renovados á Preferente Futgal, con sete novidades. Dende Ourense chega Alcazar González; dende Vigo, Alonso Alonso, e dende Lugo, Crespo Gámez. A Coruña achega dous colexiados, Balsa Ramallo e Senín Fernández; e tamén haberá dous de Pontevedra, Baltasar Arceu e Solla Montes. Quedan como suplentes os santiagueses Lombao González e Nieto Abelenda e o coruñés Núñez Mayo.

Entre os colexiados que asubiaron a pasada temporada en Preferente Futgal e baixan de categoría, están Domínguez González, Estraviz Pardo e González Fernández. Ademais, Pérez Quintas e Quintairos Rial deixan a Preferente a petición propia.

Imaxes: Futgal



Os ascensos e descensos na arbitraxe galega para a vindeira temporada

O Ribadeo 25-26 vai collendo forma

Os ascensos e descensos na arbitraxe galega para a vindeira temporada

Os ascensos e descensos na arbitraxe galega

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *