# Hashtag

O Ribadeo 25-26 vai collendo forma

Tras unha tempada aciaga o Ribadeo xogará en Primeira Futgal despois de non conseguir o obxectivo da salvación na sempre competitiva Preferente Futgal. Os do Pepe Barrera remataron a competición con 37 puntos e na décimo quinta posición, ocupando por tanto un posto de descenso directo. As vitorias nas dúas últimas xornadas ante Galicia Mugardos e Sofán foron insuficientes para manter a categoría tras o gran final de campaña do Val, salvado hai unha semana tras o ascenso da Sarriana a Segunda RFEF.

O proxecto do curso 25-26 será comandado por un gran coñecedor da casa

Christopher Díaz Linares, ata agora o segundo adestrador, será o capitán dun proxecto ambicioso que terá como meta devolver ao Ribadeo a categorías superiores. O coñecemento que ten do club, unido á experiencia coa que conta despois de 12 tempadas como xogador do equipo da Mariña lucense, de seguro será un plus de cara a fuxir o máis axiña posible dunha competición que non disputaban dende a campaña 2010-2011. Ese ano remataron a fase regular da Primeira Rexional en segunda posición, o que lles daría o ascenso a Preferente.

O staff técnico é completado coa chegada de Alberto Méndez, que exercerá como segundo adestrador. Xaime Rego continuará encargándose da preparación física dos do Pepe Barrera. No tocante ao cadro de xogadores, ata o día de hoxe renovaron sete futbolistas: Pablo Castrín, Xairo Carballés, Kevin Pierre, Aarón Alonso, Simón Hortal, Alex Meitín e Mario Lorido.



O cadro de xogadores do Ribadeo contará con mínimo seis fichaxes: Adrián Cube, Sergio García, Nicolás Álvarez, Anxo Méndez, Luis Pernas e Roi González. Adri Rodríguez, Nico Guerrero e Nacho Coto promocionan dende o xuvenil da SD Ribadeo. Nos vindeiros días produciranse máis movementos e o proxecto do Ribadeo para retornar a Preferente seguirá collendo forma.

O Ribadeo 25-26 vai collendo forma

O Ribadeo 25-26 vai collendo forma

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *