# Hashtag

O Diario dun Mercado colle ritmo no grupo norte da Preferente

Vai rematando xuño e a nova temporada xa chama á porta, así que en FutbolinGalicia vai tocando abrir o Diario dun Mercado, unha sección clásica dos veráns na que levamos a conta dos movementos dos equipos, neste caso da Preferente Norte.

Con moitos anuncios aínda por chegar, destaca un bo número de incorporacións no descendido Betanzos e no Lemos, que presenta un ambicioso proxecto con fichaxes como a de Fito Periale (na imaxe sobre estas liñas). Polo demais, equipos como Lalín, Pol ou Miño apostan pola continuidade, ao igual que o acabado de ascender Maniños. Repasamos como van os cadros de xogadores neste Diario dun Mercado:

O Betanzos reármase

Betanzos | Renovacións: Ángel, Pedro Couce, Manu Barbeito, Álex del Río e Martín Lago | Fichaxes: Álvaro Dolz (defensa, procede do Mugardos), Luismi (centrocampista, Boimorto). Marcos (defensa, Silva), Piquero (centrocampista, Mugardos), André (centrocampista, Montañeros) e Manu Castro (porteiro, Órdenes).



Os equipos de play-off

Negreira | Aínda non anunciaron movementos

Sigüeiro | Aínda non anunciaron movementos

San Tirso | Renovacións: Rellán, Christian, Lameiro, Segade, Lago, Denis, Mario e Pablo Vigo | Fichaxes: Rachón (dianteiro, Relámpago), Fedello (porteiro, Dubra) e Dani Pájaro (centrocampista, Miño).



Sofán | Renovacións: Fabián, Dani Becerra, Marcos Montero, Dani García. Braian Gómez, Pablo García, Iván Martínez, Álex Sánchez e Iván Parafita | Fichaxes: Hugo Pastoriza (Arteixo xuvenil), Isma (Arzúa) e Julián Cortés (Orillamar).

Lalín | Renovacións: Lois Varela, Álex Rivas, Álex Bernárdez, Alberto Fernández, Pablo Couto, Eloy, Manu Vilariño, Brais Vila, Xocas, Hugo García e Aarón Soto. | Fichaxes: Iker Taboada (porteiro, Boimorto) e Cristian Liñares (dianteiro, Sigüeiro).

Diario dun Mercado nos equipos da zona media

Paiosaco | Renovacións: Josiño, Iván Amor, Pablo, Beto, Raña, Dani Moreno, Dani Carnota, Juanma, Andrés Pérez e David González. | Fichaxes: Cristian Quintas (dianteiro, San Tirso), Jorge Queijeiro (central, Ural xuvenil), Hugo Fernández (porteiro, Montañeros xuvenil) e Noel Suárez (promociona dende o xuvenil).



Cidade de Ribeira | Aínda non anunciaron movementos

Pol | Renovacións: Álex Pérez, Marcos González, Alejandro Arranz, Dani García, Julio Camba, Omar Rodríguez e Iago Buján. | Fichaxes: Luis Díaz (centrocampista, Milagrosa).

Miño | Renovacións: Kevin, Javi, Mario Couce, Cobelo, Jaime, Seo, Pablito, Barral, Manu Carracedo, Candal e Vile. | Fichaxes: Rubén Lozano (dianteiro, Pozuelo de Alarcón).

Dubra | Renovacións: Martín Vieites, Daríos Gontán, Javier Domínguez, José Luis Cea e Martín García.

Lemos | Renovacións: Pablo Losada, Adri Díaz, Borja Castro, Luis González, Aissa El Jamai, Dafonte e Sergio Seijas. | Fichaxes: Youness (Calasancio xuvenil), Karl Emmanuel (Escairón), Xoel Irimia (Escairón), Rogerio Pinto (Barco), Yann (Escairón). Iñaki (Pol), Alejandro Lamús (Pabellón xuvenil), Dani Delgado (Chantada Atlético), Fito Periale (R. Villalbés) e Iker Calleja (Montañeros xuvenil).



Órdenes | Renovacións: Pichu, Sixto, Jorge, Brais, Román, Pablo Mouriño e Iván Calvo | Fichaxes: Manu (porteiro) e Pastur (mediocentro, Mugardos)

O Val | Aínda non anunciaron movementos

Os catro ascendidos a Preferente

Cultural Maniños | Renovacións: Javi González, Ángel López, Javi Miragaya, David Vidal, Javi Martínez, Mateo Cociña, Álvaro España, Raúl Albela, Hugo Cociña, Christian Rodríguez, Caio Correa, Adrián González, Juan Pardo, Marcos Amado, Santi Díaz, Miguel Agras, Miguel Segura e Marcos Piñeiro.

Dumbría | Fichaxes: Berto Fandiño (Betanzos)

Burela | Aínda non anunciaron movementos

Victoria | Renovacións: Iván e Miguel Mandayo, Quique Calzado, Álvaro Barato, Oski, Víctor, Ivi, Bandera, Álex Gallego, Mateo Pedraz e Alberto Benito

Imaxe: Instagram / Fito Periale

O Diario dun Mercado colle ritmo no grupo norte da Preferente

O Muxía fai historia: un ascenso forxado

O Diario dun Mercado colle ritmo no grupo norte da Preferente

O Diario dun Mercado colle ritmo no

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *