# Hashtag

Joni, a fichaxe máis proveitosa dun Celanova que volve a Preferente

O Sporting Celanova regresa a Preferente máis dunha década despois. O ascenso foi moi festexado nesta vila ourensá á que hai pouco máis de dous meses chegaba un clásico do fútbol ourensán, Joni Magisano, con pasado en equipos como UD Ourense e Arenteiro. Á hora da súa fichaxe en San Rosendo, o obxectivo estaba claro. “A min non me gusta ir pasar o tempo. Eu quería competir por un obxectivo, e eles dixéronme que me fichaban para iso, para buscar un plus e intentar ascender”, explica a FutbolinGalicia.

A tempada no grupo 4 da Primeira Futgal trascorreu cun líder que dominou con autoridade, o Antela. A segunda praza semellaba levar o nome do Celanova, pero no treito final tambaleouse esa opción. Puideron pesar algo os nervios, sobre todo porque estamos a falar dun grupo de moita xuventude. A fichaxe de Joni achegou un engadido de experiencia.

Magisano tamén achegou goles, algún deles esenciais no obxectivo do ascenso. “Eu moitos goles non é que meta, gústame máis que o equipo consiga o obxectivo que facer goles, pero a un dianteiro é o que se lle pide”, asume o futbolista, de 31 anos, que destaca a grande acollida que sentiu ao chegar a San Rosendo. Conta que xa coñecía a algún xogadores, “tanto de maratóns como de festa (risos) e recibíronme de xeito espectacular”.ue se xuntaron, sumada ao bo traballo do corpo técnico e o gran ambiente do vestuario«.



O Celanova ascendeu no play-off

No play-off de ascenso a Preferente, o Sporting Celanova desfíxose primeiro da Residencia de Lugo. Joni anotou un gol fundamental nesa eliminatoria. Despois, na seguinte rolda, chegou o Cordeiro de Valga. O partido de ida rematou 2-0 a prol do Celanova; os dous goles levaron a sinatura de Joni. “A min non me gustaba nada ese resultado, porque se te ves por diante pensas que xa estás ascendido e iso é unha arma de doble filo”, admite.

Perderon o partido de volta 1-0, polo que se impuxo a vantaxe que conseguiran na ida. “O de volta foi un econtro difícil, quizais o peor partido dende que cheguei, pero o ascenso sempre é un alivio, unha liberación e a fin dun longo camiño”, explica

A celebración estivo á altura. “Chegamos pasadas as once da noite a Celanova e o recibimento foi espectacular. Había moitas persoas e moitos nenos na praza agardando por nós”.



Joni xa pensa no futuro

O dianteiro ourensán estaba sen equipo cando o chamou o Celanova. Comezara a temporada no Cented de Preferente, pero sufriu unha lesión no peroné e non volveu entrar nos plans do equipo que xoga en Oira. O seu regreso, con goles importantes, en San Rosendo recargoulle a confianza.

Sobre o seu futuro, di o seguinte: “Temos que falar. Recibín algunha chamada dalgún equipo. En Celanova estou moi cómodo. Vou facer 32 anos e é o que busco, que haxa bo ambiente e poder axudar ao máximo aos compañeiros”.

Asume que o equipo deberá fichar, porque “cando ascendes sempre hai que reforzarse e incorporar en todas as liñas”, se ben admite que a base é boa e que “hai bo equipo”. A diferenza doutras prazas, como O Barco ou Verín, Celanova é un destino atractivo para moitos xogadores pola súa proximidade a Ourense cidade. “Moitos xogadores de equipos de Preferente xa me preguntaron si ascenderíamos, porque lles gusta moito esa praza”, admite Joni.



San Rosendo é un campazo. No play-off foi unha pasada. Seguro que moitos equipos en Terceira RFEF non meten tanta xente na casa”, explica.

Imaxe: Cedida

Joni, a fichaxe máis proveitosa dun Celanova que volve a Preferente

O Antas lévase a Copa Deputación de

Joni, a fichaxe máis proveitosa dun Celanova que volve a Preferente

Os Vintage: Jesús Antonio Piñeiro Pardiñas

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *