A Sarriana buscará o ascenso a Segunda RFEF na Ribela tras conseguir un valioso empate sen goles na súa visita ao municipal de San Miguel de Pulpí. A ida da final nacional comezou con dificultades para os galegos, pero o equipo foi gañando protagonismo co paso dos minutos ata rematar volcado sobre a área rival. Álex Millán contou coa ocasión máis clara para os visitantes, pero o seu disparo foi detido por Cristian Arco. Pola súa banda, Pirot interviu nos últimos minutos para evitar o tanto local.
A eliminatoria resolverase o vindeiro domingo ás 19:00 horas en Sarria, en plena celebración das festas patronais de San Xoán. Segundo apunta o diario El Progreso, dende o club agardan unha gran afluencia de público que podería superar os 2.000 espectadores. No caso de que se manteña o empate, haberá prórroga e, se fose preciso, unha quenda de penaltis. A Sarriana confía no empuxe da súa afección para culminar con éxito un curso histórico.
Altas e baixas na Terceira (II)
Coa tempada a piques de rematar de xeito oficial, é o momento de repasar as altas e baixas que se están a producir nos equipos que competirán a vindeira tempada no grupo 1 da Terceira RFEF. Ao descenso da SD Compostela e os ascensos do Atlético Montañeros e CD Barco, sumáronse esta pasada fin de semana as promocións do Céltiga, a costa do Atios, e do Juventud Cambados, case trinta anos despois da súa última vez na categoría, fronte ao Beluso.
- SD Compostela
Dúas baixas moi sensibles, as de Álvaro Casas e Pablo Antas, despois de oito e seis tempadas, respectivamente. Soa con forza Álex Cobo (UD Ourense) para a portería. - Atlético Montañeros
Renovacións de Pedro Barbolla e Álex Suárez.
Fichaxe de Dani Fernández, mediocentro procedente do xuvenil do UE Cornellá. - Rácing Villalbés
Renovacións do gardameta Álex Santomé, dos irmáns Javi e Jose Varela, David Vérez, Make. - Noia
Saída do porteiro Chema Leobalde, un dos mellores da tempada.
Renovación do lateral Francisco Allo Perol ‘Paco’. - Arosa
Baixas de Álex Vila, Óscar Varela, Duque e Romay.
Renovación de Martín Diz. - Boiro
Renovación de Arán Pazos. - Somozas
Renovacións de Juan Cambón, ‘Xuco’, Dani Sánchez.
Fichaxes de Lucas Fanego, do Viveiro, e Óscar Varela, do Arosa. - Gran Peña
Renovación do adestrador Martín Blanco. - Viveiro
Renovacións de Rolle, Arturo, Xoel Rodríguez, Álex Esquerdeiro e Carlos Teixeira. - Silva
Renovación do pichichi da tempada regular, Rodri Parafita, Hugo Baldomar e Estramil, que foi intervido dunha lesión no xeonllo da súa perna dereita e estará de baixa uns nove meses.
Fichaxe de Pablo Rubio (Barbadás) e Álvaro Rey, vello coñecido procedente do Somozas. - Atlético Arteixo
Chega Alejandro Expósito Ferreiro ‘Posi’ como novo adestrador, procedente do Órdenes de Preferente, con Pereira como segundo.
Renovación de Hevia.
Baixas de Achoré e Iván Dopico.
Actualizado a 16/06/2025
Imaxe de portada: Club Atlético Pulpileño
