# Hashtag

Atlético Villalonga, unha tempada de superación

O Atlético Villalonga pechou a súa tempada en Segunda Federación cun meritorio sexto posto, nun ano marcado pola incerteza inicial, os cambios no banco e tamén polo esforzo colectivo por manter a categoría e consolidarse nela. Hoxe en FutbolinGalicia facemos un pequeno repaso polo que foi a tempada do equipo de Sanxenxo.

Resiliencia

A tempada comezaba co anuncio de que o equipo feminino quedaría baixo o paraugas do Pontevedra CF, unha medida que semellaba encamiñada a profesionalizar e reforzar a estrutura do club. Porén, ese apoio institucional durou pouco e quedou máis nun xesto simbólico que nun compromiso real, xa que as xogadoras denunciaron desatención, escaseza de recursos e problemas económicos que condicionaron o día a día do equipo.

O equipo rematou a tempada cunha vitoria na casa por 4-1 ante o Eibar B. RRSS Atlético Villalonga

Malia que os primeiros meses estiveron rodeados de rumores e polémicas —unha situación que non se chegou a arranxar oficialmente—, o equipo soubo centrarse no deportivo e sacar adiante unha campaña notable.



Punto de inflexión

En xaneiro produciuse un cambio chave no rumbo do equipo: Romina Dadín colleu as rendas do equipo como adestradora principal, e o novo corpo técnico completouse con Andrés Moreira, César Pazos e David Lázaro. O club apostaba así pola promoción interna e por xente da casa. O grupo técnico conseguiu darlle estabilidade ao vestiario, recuperar a confianza competitiva e manter ao equipo nunha posición cómoda na táboa.

Andrés e Dadín no día da súa presentación. RRSS Atlético Villalonga

Este sexto posto final non só supera as expectativas iniciais, senón que tamén lle permite ao club afrontar a seguinte tempada con máis seguridade, xa afianzado nunha categoría que será aínda máis esixente. O ano que vén, o Atlético Villalonga compartirá grupo co Deportivo ABANCA B, o filial dun dos grandes referentes do fútbol feminino galego. E tamén a outro equipo galego, As Celtas, de recente creación pero que de seguro formará un equipo competitivo.

Tempos de cambio

Unha vez rematada a competición, o club empeza a mover ficha de cara á próxima campaña. A gardameta Patricia Curbelo, unha das pezas fundamentais do equipo nas últimas tempadas, anunciou a súa saída a través das redes sociais. A súa despedida abre un proceso de renovación nun cadro que podería experimentar máis baixas nas vindeiras semanas.



Dende a dirección deportiva terán o reto de manter o bloque competitivo e reforzarse con xogadoras que permitan ao equipo seguir medrando na Segunda RFEF. O obxectivo, despois dun ano tan complexo como o actual, parece claro: asentar o proxecto e dar un paso máis no plano deportivo e estrutural.

Atlético Villalonga, unha tempada de superación

Joel Rocha, CD Beluso: «Estamos vivindo un

Atlético Villalonga, unha tempada de superación

Sergio Aballe, Tyde: «A miña idea é

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *