A Sarriana está a dous partidos de ascender a Segunda RFEF. Os de José Antonio Rodríguez proclamáronse este sábado vencedores da eliminatoria autonómica contra o Estradense e xogarán a fase nacional para acadar o premio final. O seu rival nesta histórica cita será o Atlético Pulpileño. O equipo almeriense é un vello coñecido do fútbol galego. No 2018 foi o rival do Rácing Villalbés nunha fase de ascenso e, no 2020, enfrontouse ao CD Lugo na Copa do Rei.
Na outra cara da moedal pero moi pendentes do que aconteza, estarán Barbadás, Val e Oural. Só o ascenso da Sarriana impedirá que descendan de categoría (Preferente Futgal, Primeira Futgal e Segunda Futgal, respectivamente) por arrastre.
Altas e baixas na Terceira
Coa tempada a piques de rematar de xeito oficial, chega o momento de repasar as altas e baixas que se están a producir nos equipos que competirán a vindeira tempada no grupo 1 da Terceira RFEF.
- SD Compostela
Saídas de Markitos (volve tras cesión ao Arenteiro), Santi de Prado, Fausto Tienza, Bruno Scorza, Carlos Pérez, Selasi, Fer Cano, Ocaña e Carlos Cinta.
Renovación do seu adestrador, Secho, por unha tempada, e renovación do defensa Pablo Crespo. - Rácing Villalbés
O máis destacado é a saída do seu técnico Alberto López e a chegada de Juan Rodríguez, coordinador da base. - Noia
Deixa o cargo de adestrador Iván Carril e incorporase Alberto Mariano, que estivo no Villalonga dende novembro. Ex- do Arzúa e do Estradense, entre outros. - Alondras
Máis cambios na parcela técnica. Gonzalo Fernández deixa o proxecto despois de dúas tempadas. - Arosa
Saída de José Luis Lemos e chegada do mencionado Gonzalo Fernández, con Perú na dirección deportiva. - Boiro
Continúa José Tizón aos mandos do conxunto.
Chegan Lois Romero, porteiro procedente do Flavia, o lateral Iván Alonso (Sigüeiro) e Diego Enjamio (Lalín), con ampla experiencia na categoría.
Renovacións de David Noya, Yosi Montoto, Yago García, Santi Taboada, Juanma Blanco, Mario Romero e Borja Rey.
Baixas: Mario Regueiro, Sylla, Pablo Vidal, José Piñeiro, Saro, Álex Rey, Juan Pérez. - Somozas
Baixas: Jorge Longueira, Ander, Pep Caballé, Álvaro Rey.
Renovacións: Asier Santalla, Manu Mariña, Joel, Iñaki Leonardo, Bruno Bellas.
Altas: Iván Guerrero (Bergantiños), Adrián Suárez (Santirso), Iván Dopico (Arteixo). - Viveiro
Saída de Adrián Benavides tras lograr a salvación e chegada de Luchi Salgueiro (Ribadeo). - Silva
Renovacións de Joao Paulo, Montero, Estramil, Pablo Carro, Brais Lema.
Saída do adestrador Iván Sánchez logo de dúas tempadas como técnico e incorporación de Noe López, ex-Betanzos co que ascendeu a Terceira na 2022/2023. - Atlético Arteixo
Saída do seu adestrador Juan Riveiro tras catro tempadas.
Os dous ascensos confirmados
O Atlético Montañeros e o CD Barco son por agora os únicos ascenso confirmados dende a Preferente Futgal. Beluso, Juventud Cambados, Atios e Céltiga xóganse as últimas dúas prazas o vindeiro domingo nos partidos de volta das finais polo ascenso.
- Atlético Montañeros
Os coruñeses anunciaron as fichaxes de Achore Sánchez (regresa despois dunha tempada no Arteixo), Adrián Ogando (Silva), Jorge Longueira (Somozas), Iago López, Sito País e Juan de Dora (Betanzos). Tamén as seguintes renovacións: Jony Rodríguez, Jorge Cano, Unai Peón, Mauro Lois, Nano Varela, Jorge Otero, Samu Rey, Marcos Moreno. - CD Barco
Confirmouse a renovación do seu adestrador, Lino Estévez.
Actualizado a 10/06/2025
