# Hashtag

Os Vintage: Diego Anido Cruz

En FutbolinGalicia non nos esquecemos de tódolos xogadores, técnicos, árbitros ou siareiros que pasaron hai anos polas nosas categorías sénior. Sen a súa gran contribución non poderiamos gozar na actualidade dunha gran saúde en categorías tan especiais coma a Terceira RFEF, a Preferente Futgal ou a Primeira Futgal. «Os Vintage» é a súa sección. A de todos aqueles que aportaron un gran de area para que o fútbol galego sexa, sen dúbida, do mellorciño do fútbol estatal. Nesta entrega falamos con Diego Anido Cruz, ex-xogador de clubs como Sagrado Corazón ou San Lázaro. De novo o Sagrado e tamén nos últimos anos a Piringalla aparecen no seu currículo como adestrador.

FutbolinGalicia (en adiante FIG): De que equipos formaches parte coma xogador?

Diego Anido Cruz (en adiante DAC): «Na miña carreira intentei ser un ‘one club man’, non por por amor ás cores senón por amor aos compañeiros de sempre, mais non puidemos conseguilo.»



«Aos 8-9 anos empecei a xogar no Sagrado Corazón, primeiro en fútbol sala e máis adiante en campo. Alí pasei 20 anos, que se dice pronto, ata que se desfixo o equipo sénior do club. Despois xoguei no San Lázaro, sete tempadas máis, ata que decidín deixalo e matar o mono no fútbol veterán. De maior volvinme máis ‘virachaquetas’. Xoguei dous anos no Picato e agora estou no San Lázaro, no que reunímonos de novo moitos destes compañeiros que nomeaba antes.»

FIG: E como adestrador?

DAC: «Como adestrador de momento unicamente quixen adestrar no fútbol base. É o que máis me satisface. Non me chamou ata o de agora un equipo sénior. Comecei no Sagrado Corazón tras terme convencido un compañeiro e alí adestrei oito anos. Despois encargueime de levar o colexio do Sagrado Corazón a través da súa ANPA. Pasei alí outros tres anos ata que chegou a pandemia. Despois do parón tralo COVID cambiei a cor da camiseta aquí tamén e uninme á Piringalla, donde adestrei 4 tempadas. Agora atópome nun pequeno parón xa que acabo de ser pai e é unha situación que require moito tempo. Mais de seguro que pronto volverei!»



FIG: Como describirías a tu primeira experiencia sénior como xogador?

DAC: «A miña primeira experiencia sénior foi no Sagrado Corazón. Recordo o primeiro ano moi aló, de feito deixárao a metade de campaña para xogar soamente ao fútbol sala. A partir de ese momento volvinme enganchar de pleno. Vivimos unhos cantos descensos mais tamén cando estabamos no fondo de todo, conseguimos pasar de Terceira Rexional a Primeira en dous anos e pasando unha tempada e media invictos. Estes son os meus logros!»

FIG: A que foi debida a túa chegada ao San Lázaro?



DAC: «O cambio de equipo produciuse porque decidiron desfacer o equipo sénior no Sagrado Corazón. Por tanto tivemos que buscar algún sitio ao que poder ir os sete ou oito compañeiros que queriamos xogar. Deuse a opción do San Lázaro e non puidemos escoller mellor! Entre o grupo humano que había alí e ter un campo natural propio, foi unha gozada!
O cambio a veteráns deuse porque a miña parella presentoume un estudio onde demostraba que pasaba máis tempo no fisio que no campo. A verdade é que tiña razón, para que nos imos engañarnos!»

FIG: Cres que as nosas competicións van perdendo nivel co paso das anos e cas diferentes reestructuracións?

DAC: «Non sabría dicirche! Desde a bancada sempre se dice que moito ten baixado o nivel, pero desde fóra vese todo moi fácil. O único que creo é que antes os nenos estabamos máis tolos polo fútbol e agora as veces ata parece unha obligación. Ao final esta situación pódese notar no compromiso xa nas etapas adultas, onde considero que é o que máis se bota en falta en categorías medias e baixas.»

FIG: Continúa Diego Anido ligado ao fútbol?

DAC: «No fútbol sigo e seguirei! Vexo moitos partidos dos nenos e xa non tan nenos que adestrei. Penso voltar adestrar na base e non descarto iniciarme nun equipo sénior nun par de anos. Tamén estou ligado ao San Lázaro, intentando axudar un pouco á directiva no tempo que vou tendo.»



FIG: Cres que existe algunha diferenza significativa entre o fútbol de hoxe e o de hai 10-15 anos?

DAC: «Quitando o que che dicía do compromiso, creo que os clubs en xeral melloraron moito na súa organización e na ‘profesionalización’ dos adestradores. Faise todo un pouco seguindo unha liña de traballo, situación que antes non existía.»

Os Vintage: Diego Anido Cruz

Noventa minutos en Riazor como premio a

Os Vintage: Diego Anido Cruz

O terceiro tempo. Episodio 36

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *