# Hashtag

Sete equipos da Preferente Norte loitan por catro prazas de play-off

A pelexa polo play-off na Preferente Futgal Norte está moi disputada, con ata sete equipos na loita polas posicións que dan acceso á fase de ascenso. Nesta categoría, o líder ascende directamente a Terceira RFEF, mentres que os equipos do 2º ao 5º posto xogan por unha praza adicional de ascenso.

Quedan sete xornadas –e recuperar a aprazada polo temporal, na que só xogaron Miño e Mugardos– e o Atlético Coruña Montañeros é líder con 9 puntos de vantaxe, mantendo unha posición sólida para o ascenso. Ten por diante partidos ante rivais esixentes, como o Negreira ou o Ribeira, pero tamén ante equipos da zona baixa, e o colchón co que contan fai pensar que sería unha sorpresa maiúscula que os coruñeses caesen dese posto.

A pelexa polo play-off semella centrarse máis ben nos sete seguintes equipos. Son Negreira, Ribeira, Sigüeiro, Sofán, Lalín, Miño e San Tirso. Agás os de Negreira, mellor posicionados, con 51 puntos, os outros seis están nunha diferenza de seis puntos



Os candidatos ao play-off

A SD Negreira segue nove puntos por detrás do líder, asegurando de momento a segunda praza de ascenso directo. Levan tres partidos sen gañar, malia todo e esta xornada visitan o campo do Monte para medirse a outro equipo con ambición.

Cidade de Ribeira e Sigüeiro están empatados con 46 puntos. Despois, o Sofán é quinto, con 44, e completa as prazas de play-off. O Sofán accedeu ao play-off na última xornada, tras dar un golpe sobre a mesa coa súa vitoria contundente 6-1 ante un Sigüeiro que sumou dous puntos dos últimos 15.

Coa mesma puntuación (44) está o Lalín, que caeu a pasada xornada logo de sumar catro triunfos consecutivos. Así, o Lalín, que este ano confeccionou un cadro de xogadores co obxectivo do ascenso, amosa un rendemento sólido pero fóra dos postos de promoción, o que reflicte a intensidade da competencia. Os do Cortizo e o Sofán están citados para a última xornada, xa comezado maio.



Miño e San Tirso están empatados a 42 puntos e son sétimo e oitavo, respectivamente. Están tamén con serias opcións que xogar a fase de ascenso. Cada xornada está a ser decisiva, e os tropezos están a custar caro a todos os equipos.

Catro equipos en descenso

Na parte baixa, o Arzúa é último con 12 puntos, enfrontándose a un descenso case seguro. Se a liga rematase hoxe tamén baixarían. Atlético Escairón e a SD O Val, con 17 e 21 puntos. Ademais, está na zona de descenso o Galicia de Mugardos, con 22 puntos, a seis da permanencia.

Quen marca a salvación é o Ribadeo, que saíu do perigo inmediato tras dúas vitorias consecutivas, mostrando un empuxe de final de tempada para asegurar a salvación. Mentres, Pol, Paiosaco, Órdenes, Dubra e Lemos semellan estar en terra de ninguén.



Foto: SD Negreira

Sete equipos da Preferente Norte loitan por catro prazas de play-off

María Rial e Laura García, Xallas FC:

Sete equipos da Preferente Norte loitan por catro prazas de play-off

A loita polo ascenso no grupo 4

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *