# Hashtag
Balón de fútbol. PEXELS

A quenda dos 164 equipos da Segunda Futgal

A Segunda Futgal comeza esta fin de semana na maioría dos campos de Galicia. Tras o adianto da Coruña e Ourense, que iniciaron a competición o pasado 7 de setembro para axustar o maior número de xornadas ao calendario, agora póñense en marcha o resto de ligas.

Son dous grupos de 18 equipos e oito grupos de 16 equipos. En total, 164 conxuntos competirán na presente campaña, que se prolongará ata a fin de semana do 17 de maio.

Os dez grupos da Segunda Futgal

Provincia de Lugo

Delegación de Lugo

Lugo norte: ACD Xermade, AD Matela (ascendido), CD Goiriz (ascendido), UD Folgueiro, Casás, CD Alfoz, SD Castroverde (ascendido), Riotorto CF, Meira CF (descendido), Guitiriz SD, CD San Ciprián, SP Pontenova, UD Pastoricense (descendido), Celta Barreiros, SD Candelaria, SDC Cabreiros.



Lugo sur: SD Becerreá, Ferreira CF, SD Chantada ‘B’, SD Paradela, SD Monterroso ‘B’ (ascendido), CD Sober (ascendido), SD San Lázaro (descendido), Club Lemos ‘B’, SD O Páramo, Friol CF, CF Portomarín, SDC San Roque, Palas CD, SD Antas, Sarriana SD ‘B’ (ascendido), SCD Santa Comba.

Provincia da Coruña

Delegación de Ferrol

Ferrol: CD Narón, SD Valdoviño (descendido), SD Barallobre, SDC Galicia Mugardos ‘B’, AD Miño ‘B’, CF Mandiá, CCRYD Perlío ‘B’, Galicia de Caranza (descendido), Rápido de Neda, ADC A Capela, UD Cebarca, ADR Numancia de Ares (descendido), Narahío UD, CD Cariño, CD Rosalía, CF San Sadurniño.

Delegación da Coruña

A Coruña: CCD Curtis (ascendido), Once Caballeros CF, Portazgo SD, Sada CF, CD Ozacesuras, Brexo Lema, Marino de Mera, AD Culleredo, UD Juvenil de Almeiras (ascendido), SDC Órdenes ‘B’, Suevos (ascendido), Sporting Burgo (ascendido), Liceo de Monelos SD (ascendido), Xuventude de Crendes, Olímpico de Rutis ‘B’, Xuventude Dorneda, Sporting Ciudad, Atlético Castros.



A Coruña – A Costa: CD Muros, Soneira SD, CD Baio, Outes FC, SD San Lorenzo (descendido), Sporting Zas (ascendido), UD Monte Louro, Sofán SD ‘B’ (ascendido), CF Porteño, Cabana SD, Mazaricos CF, UD Corcubión, Puenteceso SD, SCD Malpica (ascendido), Xallas FC, Corme CF.

Delegación de Santiago

Santiago 1: Agrón Barcala CF, Atlético Oleiros, CCD Taragoña (descendido), CD Artes (ascendido), CD Sar Extramundi, Cruído-CF Noia ‘B’, Lesende CF Concello de Lousame, Milladoiro SD (ascendido), Porto do Son CF (ascendido), SD Esclavitud, SD Luaña, SD Urdilde, SD Xuño, SD Xuventú Aguiño, Sporting Lampón, Victoria FC.

Santiago 2: Amio SD, Atlético Fátima (ascendido), CD San Mamed, CD Belvís, CF Silleda, EDS Santa María, Lamela CF, Rodeiro CF, SD Cruces, SD Deixebre (ascendido), SD Dubra ‘B’, SD Villestro, SD O Pino, Trazo CF, UD Val do Ulla, Vea CF.



Provincia de Ourense

Delegación de Ourense

Ourense: CD Raio Alaricano, SCD Paderne, Caldelao-Inter Ribeira Sacra, Cortegada CF, Toen FS, CD Seixalbo (descendido), CD Arenteiro ‘B’, CD Moreiras (ascendido), UP Taboadela, CD Cenlle, Rocas CF, Pabellón Ourense CF (ascendido), CD Coles, CD Viana (descendido), CD Rúa, Atlético Vilariño, Rayo 21 CF, Piñeira Seca FC (ascendido).

Provincia de Pontevedra

Delegación de Pontevedra

Pontevedra: Atlético Faxilde, UDSM Deiro, Atlético Combarro (ascendido), Zacande FC, SD Puente Arnelas, A Lama SD, SDC San Ciprián, Xuventude Sisán CF (ascendido), Dorrón CF (ascendido), Moraña CF, Cerponzóns CF, SD Monteporreiro, SD Romay, CD Soutomaior (descendido), Xuventude Sanxenxo, CD Bueu.

Delegación de Vigo

Vigo: AD Mosende, Balaídos CF, CD Teis (ascendido), CD Vincios, Celta Academy (ascendido), Club Louro Tameiga (ascendido), Colegio Hogar SR, CD San Salvador (ascendido), Erizana CF (descendido), Gondomar FB, Mondariz CF, SD Juvenil de Ponteareas ‘B’ (ascendido), SD Salvaterra, San Miguel CF, Tebra FC, UD Santa Mariña (descendido).

Datas a ter en conta no calendario da Segunda Futgal

Nos grupos de 16 equipos disputaranse 13 xornadas antes do Nadal, salvo en Lugo, onde se xogarán 14 porque non haberá descanso na ponte de Todos os Santos. Si se deterán nesa data os grupos de Santiago, A Coruña – A Costa, Ferrol, Vigo e Pontevedra.

O parón do Nadal será común: do 21 de decembro ao 11 de xaneiro. A competición reanudarase despois para afrontar a segunda volta.



Os calendarios da Coruña e Ourense presentan particularidades: con grupos únicos de 18 equipos, comezaron xa o 7 de setembro e completarán 16 xornadas antes do Nadal. Ademais, non se deterán en tres datas de descanso habituais: Todos os Santos (1 e 2 de novembro), Constitución (6 e 7 de decembro) e a fin de semana grande do Entroido (14 e 15 de febreiro).

En todos os grupos, sen excepción, a competición quedará en suspenso en Semana Santa (4 e 5 de abril), antes de encarar a recta final da temporada. A liga regular concluirá o 17 de maio, Día das Letras Galegas. As fases de ascenso a Primeira Futgal xogaranse entre o 31 de maio e o 21 de xuño.

A quenda dos 164 equipos da Segunda Futgal

A Terceira Feminina, a liga que percorre

A quenda dos 164 equipos da Segunda Futgal

Adri Campos, Tomiño FC: «Defender o escudo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *