# Hashtag
Os xogadores do Noia celebran a vitoria en Betanzos que os clasifica para o play-off de ascenso. TVG

Unha gran sorpresa para rematar: de Preferente a xogarse o ascenso a Segunda RFEF

O que parecía difícil de crer hai tan só un mes é hoxe a gran sorpresa na Terceira RFEF: o Noia, un dos catro ascendidos a pasada tempada dende Preferente, converteuse este domingo en equipo de play-off de ascenso a Segunda RFEF. A súa sufrida vitoria a domicilio fronte ao Betanzos (1-2) e o empate na Lomba entre os seus dous rivais directos, Arosa e Alondras (3-3), fixeron posible que os noieses lograran a quinta posición na última xornada ligueira.

Un conxunto que foi de menos a máis, logrando o obxectivo da permanencia moi cedo e que aproveitou a súa capacidade defensiva, con 15 porterías a cero, para impoñerse no tramo final.

Play-off de ascenso a Segunda RFEF

Os cruces autonómicos, a ida e volta, para clasificarse á última eliminatoria de ascenso a Segunda RFEF:

  • Estrandense (2º) – Noia (5º), coa volta no Novo Municipal da Estrada
  • Sarriana (3º) – Villalbés (4º), coa volta na Ribela

Así mesmo, por rematar en segunda posición, o Estradense terá a vantaxe de pasar sempre cando haxa un empate ao finalizar unha posible prórroga. Na última ronda, esta condición desaparecerá e o representante galego enfrontarase a outro equipo español gañador de cruces autonómicos elixido por sorteo.

Descensos a Preferente: confirmados Betanzos, Villalonga e Valladares

Na parte baixa da táboa, todos os implicados gañaron e as cousas remataron tal e como estaban hai unha semana. O Atlético Arteixo salvouse matematicamente ao gañar á Sarriana (4-2), mentres que o Barbadás, a pesar de gañar ao Somozas e acabar fóra dos postos de descenso, terá que agardar ao ascenso dun equipo galego para evitar o arrastre. Pola súa parte, pese a gañar os seus partidos, Villalonga e Valladares volverán xogar no grupo sur da Preferente tan só unha tempada despois.



Os máis e os menos da Terceira RFEF

Máximos goleadores: Rodri Parafita (Silva, 17 goles); Álex ‘Compa’ (Arosa, 16); Millán (Sarriana, 15); Adri Otero (Arteixo, 15).

Equipo máis goleador: Sarriana (66 goles)

Equipo menos goleado: UD Ourense, Álex Cobo (20 goles)



Equipo máis goleado: Viveiro e Valladares (52 goles)

Máis porterías a cero: UD Ourense (18 partidos)

Unha gran sorpresa para rematar: de Preferente a xogarse o ascenso a Segunda RFEF

O terceiro tempo. Episodio 32

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *