# Hashtag
#Preferente

Moitos máis equipos da Coruña e Pontevedra nas categorías altas

Preferente Galicia 2024-2025

A realidade demográfica das provincias galegas é clara. Un litoral atlántico máis poboado, frente a zonas de interior con menor número de habitantes. Isto tradúcese na realidade futbolística da comunidade, polo que as provincias da Coruña e de Pontevedra aglutinan un número maior de equipos en todas as categorías ata a Preferente, incluida.

A tendencia percíbese nos equipos do fútbol profesional

Como veremos, ambos territorios superan a Lugo e Ourense no total de equipos que compiten en categorías por riba da Primeira Futgal. Pontevedra e A Coruña aglutinan todo o fútbol profesional masculino que se pode ver en Galicia, de feito. RC Celta de Vigo, Racing Club de Ferrol e RC Deportivo demostran este feito.

A Primeira RFEF supón a única excepción nesta tendencia. O ascenso do Ourense CF, sumado ao consolidado Arenteiro, permite que Ourense supere ao resto de provincias. Mentres que Lugo conta co CD Lugo, Pontevedra tan só está representada polo Celta Fortuna e os seareiros coruñeses teñen que abandonar o seu territorio para ver fútbol da terceira categoría nacional.



O conto cambia na Segunda RFEF, pois A Coruña toma a dianteira: Compostela, Fabril e Bergantiños superan permiten ir por diante dunha Pontevedra que conta con Coruxo e Pontevedra. O dato é alarmante nesta categoría, pois nin Lugo nin Ourense teñen representantes no cuarto escalón, logo do ascenso de Ourense e o descenso do Racing Villalbés.

As porcentaxes na Terceira RFEF e na Preferente, condicionadas polos plans competicionais

A estatística igualase mínimamente na Terceira RFEF. Un terzo (33,3%) dos equipos son da provincia de Pontevedra (Gran Peña, Estradense, Villalonga, Valladares, Alondras e Arosa) e outro terzo corresponde aos da Coruña (Silva, Betanzos, Noia, Somozas, Boiro e Arteixo). Deste xeito, o 33,3% restante repártese entre Lugo e Ourense. Os primeiros contan con Sarriana, Racing Villalbés, Polvorín e Viveiro (22,2%) e os segundos tan só con UD Ourense e Barbadás (11,1%).

equipos

A Preferente Galicia é un claro exemplo deste feito. A propia división dos grupos da Primeira e a cantidade de clubes inscritos favorece que A Coruña e Pontevedra conten con maior representación. Tanto é así que, dos 36 equipos que se dan cita este ano na categoría, 13 (36,1%) son da Coruña e 15 (41,7%) de Pontevedra, polos tan só 4 de Lugo e os mesmos 4 de Ourense (11,1% en ambos casos).



Pontevedra: Atlántida Matamá, Beluso, Choco, Moaña, Céltiga, Rápido de Bouzas, Cultural Areas, Juventud Cambados, Pontevedra ‘B’, Porriño Industrial, Portonovo, Juvenil Ponteareas, Atios, Umia e Lalín.

A Coruña: Arzúa, Miño, Montañeros, Ribeira, Dubra, Negreira, O Val, Sofán, Galicia Mugardos, San Tirso, Órdenes, Sigüeiro e Paiosaco.

Lugo: Atlético Escairón, Lemos, Pol e Ribadeo.



Ourense: Atlético Arnoia, Barco, Cented e Verín.

Moitos máis equipos da Coruña e Pontevedra nas categorías altas

Os 36 equipos da Preferente Futgal xa

Moitos máis equipos da Coruña e Pontevedra nas categorías altas

Juan de Dora (Betanzos): «Quero facer unha

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *