# Hashtag

Manu Cerón, Cented: «Hai vertixe, é un crecemento moi rápido»

O Cented Academy naceu hai tres anos en Ourense. O club fundado por Manu Cerón na cidade das Burgas tivo un obxectivo claro desde o comezo da súa —curta— historia: ascender o máis rápido posible ata chegar a categorías nacionais. Polo momento, os pasos que está a dar a entidade son todos cara adiante. Logo de acadar o ascenso á Primeira Galicia na 22/23, un ano máis tarde o equipo colouse na promoción de ascenso á Preferente Galicia e superou ao seu rival, o Nogueira de Ramuín. Polo tanto, Cented competirá a vindeira campaña na sexta categoría do fútbol galego: a Preferente.

O crecemento do Cented

O éxito dun club de nova creación ten nome propio: Manu Cerón instalou a súa Academia de Formación para adestradores en Ourense, a súa vila natal. Cos anos, o proxecto colleu forza e decidiu fundar unha Escola de Fútbol que xa ten renome no fútbol base autonómico e un primeiro equipo que se codeará con rivais da entidade de Lalín, Arzúa, Ribadeo, Céltiga, etc.

Hoxe, Manu conversa con nós para analizar o proceso que atravesa a súa entidade.



Futbolingalicia: Contabas co segundo ascenso consecutivo?

Manu Cerón: Hai vertixe, é un crecemento moi rápido. Hai que empregar o que eu chamo «principio de realidade», pero saíron moitas cousas ben. Ver que todo funciona fai que se manteña a motivación. Saímos o ano da pandemia, todo o mundo dicía que non era o mellor momento, pero non está indo tan mal a cousa.

Fig: Xa tedes a Terceira RFEF no punto de mira ?



MC: Temos a Primeira Galicia no punto de mira (ri), que é de onde vimos. Hai que ser realista, asentar o club. A entidade tamén demanda estabilidade e trataremos de consolidar a categoría, aínda que a Preferente é moi competida e non vai haber tempo para relaxacións. Queremos medrar na estrutura, porque todos os pasos adiante teñen que ir acompañados dunha mellora na estrutura.

«Cented é un club de base e temos que potencialo como tal«

Fig: Cambiaches de adestrador, o que quizais resulte sorprendente.

Os xogadores do Cented celebrando o ascenso

MC: O novo adestrador é, de feito, un dos fundadores do club. Cando comezamos con isto hai catro anos el foi un dos que asinaron. O ano que subimos de Segunda a Primeira, Róber tivo a opción de continuar, pero decidiu marchar ao Taboadela para axudar ao equipo. Este curso apostamos por Sergio Moreiras, veu para sentar as bases dun proxecto e fixo moito para que así fose. Estableceu no club moitas melloras e acadou un fito histórico a nivel deportivo. Había moitos xogadores novos e fixo un traballo moi bo.



Sergio baixou de categoría para estar con nós, foi un adestrador moi esixente e cumpriu con creces os obxectivos. A nosa relación foi boísima, Sergio agora ten opcións atractivas na súa casa e decidimos apostar por Marcos porque é un home que coñece ao club, aos xogadores, á directiva… Por preparación, ilusión e ambición estamos convencidos de que vai facer un traballo excelente.

Fig: O que está claro é que estamos ante un presidente curtido, con moita experiencia sobre o lombo.

cented
O Cented foi recibido no Concello de Ourense tras o ascenso. Imaxe: Twitter Cented

JL: Na vida, todas as experiencias e particularmente as malas, teñen que ser para aprender. A miña idea a nivel persoal é mellorar cada día, pero é fundamental rodearse de boa xente, de persoas competentes. Eu poño todos os argumentos para medrar e estou moi contento de que as cousas vaian ben, pero moitas veces non saen pese ao traballo que hai detrás. Por exemplo, subimos diante dun Nogueira que leva moitos anos facendo un traballazo. Como presidente, xa aprendín en experiencias previas que foron duras, e todo axuda a aprender. Hai que rodearse ben, aquí hai un equipo humano impresionante.

«Este ano debutaron 14 xuvenís co primeiro equipo do e co filial, 23«

Fig: Como se captan xogadores para un club recén fundado?

JL: Cando algo comeza de 0, a xente ten que apostar polo descoñecido. Pero somos un club de base e temos que potencialo como tal. Moita xente chegaba a disgusto doutros sitios, con ganas de cambio… Somos un club moi familiar, e agora esa é a nosa principal ferramenta. Xeramos moitos lazos desde o primeiro momento e non queremos abandonar esa idea. Aínda así, temos os nosos límites de presuposto e de comodidades, porque por exemplo non podemos ofrecer lavados de roupa polas instalacións das que dispoñemos.



Fig: Tamén e forte o proxecto de fútbol base.

MC: Si, estamos contentos. Somos, de feito, unha Escola de Fútbol, que non había en Ourense ata o momento. Hai moitos sitios nos que se traballa de marabilla, pero o noso ambiente é máis de escola que de club. Estamos todos concentrados na mesma instalación, medramos sendo moi poucos e conseguimos xerar un apego forte polo club e entre nós. Eu podo dirixirme a todos os xogadores do club polo seu nome propio, e penso que esa é a esencia. O día que deixe de ser así, deixará de pagar a pena. No primeiro equipo debutaron 14 xuvenís este ano, no filial 23… o novo adestrador do primeiro equipo chega desde o xuvenil…

Fig: Convives no día a día co corpo técnico e os futbolistas?

JL: Si, temos xerado un espazo no que todo o mundo está a gusto, no centro da cidade, cunhas comodidades. Para primeiro equipo e para o fútbol base. Facemos xornadas de convivencia, os tres equipos xuvenís viaxaron xuntos a Valladolid, Zamora e Palencia… Non hai egos. O mesmo ocorre cos adestradores, todos queren medrar en conxunto. Foi un club fundado por xente de fútbol e queriamos facer algo moi bonito. Estamos niso.

Imaxe de Portada: Agostiño Iglesias

Manu Cerón, Cented: «Hai vertixe, é un crecemento moi rápido»

Casting aberto no Pol en busca de

Manu Cerón, Cented: «Hai vertixe, é un crecemento moi rápido»

Diario Dun Mercado Terceira RFEF. Episodio 5

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *