# Hashtag

Volver a Terceira RFEF e recuperar a calma: Obxectivos principais do Rápido de Bouzas

O Rápido de Bouzas viviu a tempada pasada un dos seus anos máis difíciles como club. Ademais de numerosos problemas extradeportivos que levaron á entidade a realizar unha auditoría e aos adestradores do fútbol base a dimitir de maneira masiva por dificultades de pagamentos, o equipo do Baltasar Pujales descendeu a Preferente tras 25 anos seguidos en categoría nacional.

O conxunto vigués foi o primeiro equipo galego, desde o cambio de formato da Real Federación Española de Fútbol na campaña 21/22, que perdeu a categoría por arrastres desde Segunda RFEF. O descenso do Racing Vilalbés e o non ascenso da Gran Peña-Celta C, primeiro equipo galego en non facelo desde a chegada da nova fase, provocaron que o Rápido de Bouzas fose o cuarto descendido do grupo galego de Terceira RFEF.

Mala campaña deportiva

A entidade realizou un curso deportivo decepcionante, pois, no inicio da liga, partían como un dos favoritos na loita polo ascenso a Segunda RFEF. O equipo vigués xa participara na fase de ascenso da campaña anterior. Con todo, as cousas torcéronse e só sumou 42 puntos, un por encima do descenso directo que marcou o Paiosaco e a un da salvación marcada polo Betanzos.



O conxunto que comezou dirixindo Rafa Sáez e do que logo se fixo cargo Víctor Rodríguez saldou as 34 xornadas de campionato con once vitorias, nove empates e catorce derrotas. Estas cifras non lle chegaron ao Rápido de Bouzas para manter a categoría a pesar de ter nas súas filas a futbolistas de moito talento como Torralbo, Antón Kopa, Diego Diz, Brais Pereiro, Cristian Pérez ou Cellerino.

Duros problemas económicos

O Rápido de Bouzas comezou en marzo unha nova etapa en busca da normalidade institucional e a paz social. O club atopábase inmerso nunha gran crise económica, a peor desde a súa fundación no ano 1914, e a xunta directiva tomou cartas no asunto para garantir a súa continuidade. O presidente seguiu sendo Alfonso Caneiro, aínda que desde un segundo plano.

Nunha rolda de prensa ofrecida o 11 de marzo, o portavoz do club, Imanol Almudí, explicou que o problema chegou “pola mala xestión de dúas persoas que non cumpriron cos seus labores e permitiron que chegasen os embargos ás contas do Club sen dicir nada ao presidente nin os compañeiros da xunta”. 



Os participantes na rolda de prensa acusaron a dous membros do equipo directivo “de ser as persoas ás que Caneiro entregou o control do club e de ser os responsables da deficiente administración económica”.

A Xunta Directiva xunto ao seu presidente, Alfonso Caneiro, anunciaron nesa mesma rolda de prensa que “se farían cargo dos pagos para que o club pechase a tempada sen débedas” e presentaron a Gustavo Loureiro como novo director deportivo. «Hoxe empeza unha nova etapa no Rápido de Bouzas. Imos facer que funcione como un reloxo«, afirmou Almudí aquel día.

Borrón e conta nova

Tras todos estes infortunios, a tranquilidade, pese ao descenso de categoría, parece estar a chegar aos poucos ao Baltasar Pujales e o club xa comezou a anunciar as súas primeiras novidades para esta nova tempada, na que buscarán regresar a Terceira RFEF.



O encargado de dirixir ao equipo será Dani Fernández, técnico vigués con experiencia nas categorías inferiores do Celta, Arabia Saudita e China, pero que descendeu co Ribadumia a Primeira Galicia a tempada pasada.

Ao lado do actual scout do Real Betis e ex adestrador do Cultural Areas estará David González como segundo adestrador e Darío Cedres como adestrador de porteiros. No tocante aos xogadores do primeiro equipo, o Rápido de Bouzas vivirá unha remodelación por completo, pois moitos dos seus xogadores puxeron rumbo a equipos como Alondras ou UD Ourense.

As únicas fichaxes confirmadas son, polo momento, Jesús Varela, lateral dereito campión de Europa que regresa ao Baltasar Pujales, e Adrián Cacheda, centrocampista que volve ao equipo tras xogar no Choco.

Volver a Terceira RFEF e recuperar a calma: Obxectivos principais do Rápido de Bouzas

Paiosaco e Arzúa poñen en marcha a

Volver a Terceira RFEF e recuperar a calma: Obxectivos principais do Rápido de Bouzas

Manu Amor, xornalista: «Encantaríame cubrir un Mundial

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *