# Hashtag

Luis Castro, Arosa SC: «Non é un paso cara atrás porque o Arosa é un equipo grande de Galicia»

O proxecto do Arosa SC está a ser un dos máis ambiciosos deste mercado de fichaxes na Terceira RFEF. Os ingresos do pasado ano pola participación en dúas roldas da Copa do Rei ante Granada e Valencia permiten ao club de Vilagarcía facer unha inversión maior en xogadores nun verán cheo de cambios para a entidade.

Novo proxecto

Tras a non consecución do ascenso nas últimas dúas tempadas baixo as ordes de Luisito, o club decidiu incorporar a Michel Alonso como adestrador e a Dani Abalo como director deportivo. O Arosa tomou o difícil camiño da renovación do cadro de xogadores e, tras moitas baixas e poucas renovacións, comeza a anunciar moitos fichaxes de grande calidade.

Destaca o apartado defensivo, onde tan só continúan os centrais Pacheco e Dani Sánchez, aos que se suman os laterais xuvenís Sergio Prieto e Noel Chaves, que promocionan ao primeiro equipo. Porén, o club xa anunciou tres fichaxes que soben o nivel da zaga arlequinado; Samu Santos, central do Celta C, o lateral vilanovés Carlos Torrado, desde o Lugo, e Luis Castro Lois, lateral esquerdo e canteirán do Arosa que regresa á Lomba tras o seu paso por Lugo e Racing Vilalbés e co cal falamos hoxe.



A entrevista

Futbolingalicia: Que significa para ti volver ao Arosa?

Luis Castro: Faime moita ilusión volver ao Arosa. O proxecto que hai é moi ambicioso, co obxectivo de ascender cun dos equipos aos que máis cariño lle teño. Tamén quería volver a casa despois de varios anos fóra e estar preto dos meus.

FIG: Que esperas desta nova tempada tanto a nivel grupal como a nivel individual?



LC: A nivel individual espero volver sentirme importante no equipo e axudar o máximo posible dentro e fóra do campo. A nivel grupal creo que teremos un vestiario unido e con ganas de conseguir o obxectivo.

FIG: E de Michel Alonso?

LC: É a primeira vez que vou coincidir con el, pero sei que é un adestrador moi esixente, con ambición e ao que lle gusta moito o traballo no día a día.



FIG: Como foron para ti estes últimos anos nos que poderiamos decir que tiveches altibaixos (debut en Segunda e Copa do Rei co Lugo, ascenso co Polvorín pero tamén dous descensos)?

LC: Si, tiven momentos moi felices e outros que non o foron tanto. Chegar a xogar no fútbol profesional é un soño cumprido e algo moi complicado de conseguir. Esa etapa, xunto co ascenso a 2ª RFEF co filial, foi das mellores para min, sen dúbida. Logo viñeron estes dous últimos anos no Lugo e no Racing Villalbés que foron moi complicados para min e nos que non fomos capaces de conseguir a permanencia. Sempre intento quedarme coa parte positiva e considero que estes dous últimos anos foron os que me fixeron máis forte mentalmente.

FIG: Como recordas o teu paso polo Lugo?

LC: O tempo que estiven no Lugo sempre o vou recordar como unha gran etapa para min, a pesar do último ano. Cheguei no segundo ano de xuvenís e estiven ata o segundo de sénior. Ademais de xogar en Segunda División e na Copa do Rey sendo aínda xuvenil, que é algo do que nunca me vou a esquecer, o feito de adestrar tanto tempo no fútbol profesional fixome aprender moito, tanto de xogadores como de adestradores. Téñolle moito cariño xa non só ao CD Lugo, tamén aos seareiros e á cidade.

FIG: Que cres que lle podes achegar ao equipo nesta nova tempada?



LC: Ao equipo podo achegarlle ilusión, traballo e a experiencia de ascender a 2ª RFEF anteriormente.

FIG: Como te definirías como xogador?

LC: Considérome un lateral que se pode adaptar a outras posicións, rápido e con capacidade para atacar e defender durante todo o partido. Gústame ter o balón, sobre todo en situacións de ataque para centrar e xerar ocasións de gol.

FIG: É quizais para ti un paso cara atrás a nivel categoría para dar dous hacia adiante nun futuro?

LC: A nivel de categoría pódese ver como un paso atrás porque paso de 2ª RFEF a 3ª RFEF, pero a nivel de equipo considéroo un paso adiante, xa que o Arosa é un equipo grande en Galicia, que ademais ten o necesario para progresar e estar máis arriba. Hai un bo proxecto e unha gran afección.

FIG: Xerou distintas opinións o cambio do club a adestrar polas mañás. Que opinas desta decisión?

LC: Creo que é un cambio moi acertado. Pola miña experiencia, o feito de adestrar polas mañás achega un punto máis de profesionalidade e os xogadores collemos uns mellores hábitos para dedicarse ao fútbol. Todo ten a súa parte positiva e a súa parte negativa, pero considero que é o mellor para que o club progrese.

FIG: Tes o listón alto tras a retirada de Cotilla, como afrontas isto?

LC: Sen dúbida é un gran xogador. Persoalmente non o coñezo pero vin moitos partidos do Arosa nos que me fixaba e intentaba aprender del. É un reto ilusionante para min ocupar o posto que deixa.

FIG: Como ves o grupo da Terceira RFEF para o próximo ano? Cales consideras os rivais máis duros?

LC: Terceira sempre é unha liga moi competida e na que cada un dos equipos é difícil de superar. Este ano non vai ser menos e todos serán rivais moi duros.

FIG: Tes ganas de xogar co apoio da gran afección do Arosa?

LC: Claro! Un dos motivos de volver ao Arosa é a gran afección que ten. Durante a tempada sempre hai momentos bos e outros máis complicados e eles van a ser a clave para que xuntos consigamos os obxectivos. Esperamos darlles moitas alegrías este ano.

Luis Castro, Arosa SC: «Non é un paso cara atrás porque o Arosa é un equipo grande de Galicia»

Así será a Preferente Galicia 2024-25: ascensos,

Luis Castro, Arosa SC: «Non é un paso cara atrás porque o Arosa é un equipo grande de Galicia»

Vicky Vázquez, As Celtas: «Só me queda

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *