No fútbol moderno, a análise de vídeo consolidouse como unha ferramenta esencial para mellorar o rendemento de xogadores e equipos. Por iso, cada vez é máis habitual atopar nos campos do fútbol galego unhas cámaras de cor verde cunha forma peculiar, cunha forma semellante a dunha cunca e colocadas sobre un trípode.
Son as VEO, cámaras de seguimento con intelixencia artificial (IA) que seguen automaticamente a acción do partido e proporcionan unha experiencia similar á dunha retransmisión televisiva. As lentes de nova xeración e a introdución do HDR garanten unha calidade de vídeo nítida e cores vibrantes en todas as gravacións.
Cun peso de 1,25 quilogramos, a cámara VEO pódese levar a calquera parte e trasladar rapidamente dun campo a outro. A batería pode gravar e transmitir en directo ata catro horas e media, suficiente para varios partidos completos cunha soa carga.
Ademais, a cámara está fabricada e probada para gravar entre -10 °C e 45 °C. Funciona en todas as condicións meteorolóxicas: choiva, neve ou luz solar directa. A introdución da redución do ruído do vento e a estabilización de imaxe ofrecen unha imaxe e un son nítidos e estables.
Cámaras que emiten en directo
A cámara VEO permite configurar unha transmisión en directo e controlar a cámara dende un smartphone. Con ela é posible retransmitir en directo os partidos mediante Wi-fi, un cable ethernet ou unha tarxeta SIM 5G. A cámara contén antenas internas redeseñadas e melloradas. Proporcionan sinais 5G de longo alcance e condicións ideais para unha transmisión fiable.
Máis aló de ser unha ferramenta complementaria, a análise de vídeo permite a adestradores e xogadores entender mellor cada detalle do xogo, desde decisións tácticas ata execucións técnicas e aspectos físicos. Con esta cámara, durante o descanso, os usuarios poden revisar os momentos da primeira parte coa función de Reprodución Instantánea. Despois do partido, a gravación sóbese á plataforma VEO para analizar o partido en profundidade.

Moi presentes nos campos galegos
As cámaras VEO convertéronse nun elemento máis do noso fútbol, sendo habitual velas instaladas nos campos, á altura da divisoria. A Real Federación Galega de Fútbol, consciente da importancia da tecnoloxía, deu un paso adiante recentemente ao rubricar un importante acordo con Veo.
Grazas a este acordo, os corpos técnicos das diferentes Seleccións Galegas beneficiáronse do uso desta cámara e tamén os clubs galegos tiveron a posibilidade de adquirila a un prezo reducido.
