# Hashtag
futfem galicia

Cando o crecemento non abonda: inestabilidade no fútbol feminino galego

O fútbol feminino galego vive tempos de expansión. Cada vez hai máis equipos, máis competicións e unha maior atención mediática e social. Así e todo, por detrás dese crecemento aparente, escóndese unha realidade incómoda: a dificultade para consolidar proxectos sólidos e estables a medio e longo prazo.

Coa tempada rematada, varios clubs enfróntanse a reformas profundas, marchas considerables de xogadoras e cambios bruscos na estrutura deportiva. E non estamos a falar de equipos de recente constitución ou que loiten pola permanencia do club, senón de proxectos que, sobre o papel, semellarían asentados.

Facemos unha pequena análise sobre este feito para poder entender as causas que levan a que ano tras ano atopemos equipos con dificultades para constituirse.



Final de ciclo en moitos vestiarios de cara a nova tempada

Varios equipos galegos rematan a tempada con reestruturacións profundas, e non necesariamente por malos resultados. O Sárdoma CF, en Terceira RFEF, afronta unha auténtica revolución: Marcha Toni Martínez, o adestrador dos últimos dous cursos, e tamén se desvincula Chicho Val, segundo técnico e director deportivo. A chegada de Pedro García ao banco supón un novo ciclo, pero o máis chamativo é a fuxida de boa parte do plantel, con moitas xogadoras dicindo adeus ao proxecto.

É importante recalcar que o equipo vigués quedou ás portas do ascenso a Segunda RFEF no playoff ante o Betis ‘B’. Malia completar unha gran tempada a súa continuidade competitiva está en xaque. Coñeciamos recentemente a fichaxe de Estela Castro, ex-capitá do equipo, polas Celtas, ou como moitas xogadoras se despedían a través das redes sociais co remate da tempada.

Outro caso é o do Lóstrego, logo dun ciclo de crecemento nos últimos cinco anos, tamén queda sen técnico trala saída de Gabriel Couñago. Sen anuncio oficial sobre quen liderará o novo proxecto e cunha sangría de xogadoras que xa comezaron a despedirse, a incerteza é total.



Peque e Anita, dúas das súas capitás, xa se despediron do equipo gondomareño. Dúas baixas moi sensibles e que levaban no club dende a súa constitución. A sensación é que algunhas xogadoras están buscando outras opcións pola contorna. Malia a estabilidade estrutural que mantiveron nestes anos, semella que pode haber turbulencias de cara a 25/26.

as celtas
Presentación de Estela Castro por As Celtas. Web RC Celta

A inestabilidade medra ao ir baixando escalóns

Este tipo de inestabilidade vese agravada a medida que baixamos de categoría. A menor investimento, menor capacidade para reter xogadoras, para asegurar corpos técnicos estables ou mesmo para planificar unha tempada con garantías.

O San Roque Casablanca, por outra banda, é un caso tamén moi chamativo. Tras conseguir o ascenso a Primeira Galicia, e pechar unha tempada practicamente perfecta, a maior parte do conxunto abandonará o club por desacordos coa directiva. É dicir, logros deportivos que non se consolidan pola falta de diálogo e planificación.



As xogadoras despedíanse do club a través dunha carta en redes sociais que tempo máis tarde foi eliminada. Nesa carta falaban do abandono da directiva co proxecto. Descoñecemos o punto actual das negociacións pero agardamos que cheguen a bo porto.

Que está a fallar?

Estes casos son un síntoma de problemas estruturais máis profundos: proxectos que dependen dunha soa persoa ou a falta de apoio económico e institucional poden ser algunhas das causas. Non chega con ter boas xogadoras fai falta ter detrás un proxecto serio, coherente, estable, e sobre todo, dialogante.

A isto súmanselle as continuas remodelacións nos formatos de competición que sofre o fútbol feminino galego. Sen un contexto de estabilidade é moito máis complexo acadar esa solidez.

Cando o crecemento non abonda: inestabilidade no fútbol feminino galego

Copa Federación e Supercopa Galicia condicionan a

Cando o crecemento non abonda: inestabilidade no fútbol feminino galego

As últimas novidades no Diario dun Mercado

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *