# Hashtag

Oito equipos para dous ascensos á Segunda Futgal lucense

Os equipos que remataron a liga regular de Terceira Futgal en Lugo entre a terceira e a sexta praza teñen unhas semanas apaixoantes por diante para decidir o desenlace do play-off de ascenso a Segunda Futgal.

Abadín, Cazás, Matela e Rioaveso Machinango, no grupo Norte, e Sarriana B, Sporting Lucense, Taboada B e Corgo, no grupo Sur, buscarán o salto de categoría de Terceira Futgal a Segunda Futgal no play-off de ascenso que comenzará a próxima fin de semana.

Semifinais polo ascenso no grupo norte

Abadín – Cazás é unha das eliminatorias. A ida celebrarase no Municipal de Abadín. O desenlace terá lugar no feudo da SD Cazás.



Matela e Rioaveso tamén buscarán o pase á final polo ascenso. A primeira parte da eliminatoria desenvolverase no Municipal San Lorenzo de Aguiar. A volta terá como anfitrión ao Rioaveso xa que obtivo mellor posición na liga regular.

Semifinais no grupo sur

A Ribela será testigo da ida entre Sarriana B e Sporting Lucense. Sete días máis tarde será o Municipal Rodríguez Lago, máis coñecido como Gándaras, o que dictará quen será o finalista.

Taboada B e Corgo, ca ida no Anexo da Medela, ansían tamén chegar á rolda final. A eliminatoria decidirase no Municipal do Corgo, na primeira fin de semana de abril.



Xa hai catro equipos que lograron o ascenso a través da liga regular

Goiriz, Castroverde, Monterroso B e Sober ocuparon a primeira e segunda posición en ambos grupos de liga regular, obtendo o ascenso a Segunda Futgal. Que dous equipos os acompañarán a vindeira tempada na categoría?

Oito equipos para dous ascensos á Segunda Futgal lucense

A Federación Galega reparte máis de 600.000

Oito equipos para dous ascensos á Segunda Futgal lucense

O terceiro tempo. Episodio 25

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *