# Hashtag
#Entrevistas

Camilo Perol, Flavia SD: «O Flavia é o equipo a bater na súa contorna»

É unha institución en Padrón e no fútbol galego. Camilo Perol (Luou, 1961) leva 26 anos nun dos conxuntos máis emblemáticos da contorna, o Flavia. O de Teo leva desempeñados varios cargos na entidade, eminentemente como adestrador e como director deportivo. Por iso, o conxunto padronés non se entende sin un home fundamental para os éxitos da historia recente do club: campionatos da Copa do Sar, temporadas na Preferente, promocións de ascenso, recoñecemento en toda a comarca…

Compromiso innegable co Flavia

Hoxe conversamos co adestrador para coñecer as súas motivacións, as súas mellores lembranzas no club e o seu futuro nos banquiños.

Futbolingalicia: O teu compromiso co Flavia é innegable. A que se debe?



Camilo Perol: Xa pasaron varios presidentes por aquí, agora temos un grupo de amigos na directiva: o presidente anterior era amigo, o que estaba agora tamén… somos todos parientes ou amigos. Cada vez que houbo eleccións presentouse menos xente. Este ano na asamblea tan só viu un socio e xa non quixo quedar, dixo que marchaba antes de que lle cargasemos o marrón. Estamos os de sempre.

Fig: Cal é o obxectivo do equipo para a 24/25?

CP: O noso obxectivo sempre é ascender. Levamos un tempo querendo ascender e os últimos anos quedamos ás portas: hai dous quedamos fóra por un partido no Souto contra o Lalín, este ano non chegamos ben ao final… Cando nós chegamos ao club, as arcas estaban moi empeñadas e tivemos que apretar os cinturóns: tiñamos un equipo de base na División de Honra, moitísimos gastos… e o empeño non facía máis que medrar ano a ano. Tivemos que pulir esa débeda e agora queremos voltar ascender.



Fig: Pensaches algunha vez en deixar O Souto?

CP: As oportunidades non me faltaron, pero eu estou aí por un compromiso cos que estamos xa. Cando marche, creo que marcharemos todo o grupo de amigos. Nos últimos anos xa tiven aquí a Martín, a Choco… pero non saíron ben as cousas e houbo que voltar botar man. A directiva despois comentaba que para que comezar con outra xente se ía saír mal. Pero é certo que estou canso, e iso que eu tan só me adico ao fútbol… Pero para min sería un alivio delegar noutra xente. Ao final durante a liga estás comprometido e no verán estás coas fichaxes. Esto é un ida e volta e hai que estar preparado, pero non me preocupa.

Fig: Seguro que tes unha chea de anécdotas.



CP: Si, hainas mellores e peores. Hainas de rir e outras de menos risa. Tanto no Flavia como nos anos que botei en Urdilde ou en Pazos. Hai de todo, alegrías, tamén encontronazos… Hai algunha amarga, pero a disciplina do club sempre vai por diante.

Camilo (esquerda) nun quecemento. Imaxe: Facebook Flavia SD

Fig: Entre os éxitos deportivos, cal destacas?

CP: O ascenso á División de Honra Xuvenil foi un que me marcou moito. Ías aos campos de Salamanca, Xixón, Valladolid, Oviedo… vivías cousas que estaban moi por riba nosa en todos os aspectos. Saías os sábados e xogabas domingos, tiñas un trato cos equipos contrarios que che deixaban alucinando… sentíaste profesional. Ganaches 8 Copas do Sar tamén e xogaches outras 8…

Fig: Seguro que tamén viviches anos difíciles.

CP: Tamén me marcou moito cando tivemos que «deixar» baixar ao Flavia á Segunda Rexional, pero os rapaces que estaban con nós en División de Honra quedaron con nós dous anos para voltar poñer ao equipo na Preferente. Eses xogadores marcaron unha época importante.



Fig: Cambiou moito o fútbol nos últimos anos?

CP: Os afeccionados son os que menos culpa teñen, veñen ao campo e respetamos todas as opinións. Cos directivos, no caso do Flavia, levamos uns anos con moi boa xente na directiva, aínda que hai anos sempre había directivos con poder económico grande e hoxe en día custa máis atopar a esa xente. Hoxe cóbrase por todo e, en canto aos xogadores, Padrón é un sitio moi chamativo para eles, pero porque o Flavia ten fama de pagar, e así ten que ser. O Flavia é o equipo a bater na súa zona, como pode ser o Compos en Santiago. Alguén pode xogar gratis nalgún equipo da redonda, pero en Padrón non vai xogar gratis ninguén.

Imaxe de Portada: Facebook Flavia SD

Camilo Perol, Flavia SD: «O Flavia é o equipo a bater na súa contorna»

O CD Lugo e o Arenteiro, inscritos

Camilo Perol, Flavia SD: «O Flavia é o equipo a bater na súa contorna»

Rapacollóns, a animada batucada que leva en

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *